Roberto I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Robert Bruce")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Roberto I de Escocia
Robertthebruce.jpg
Nome completo Robert the Bruce
Nacemento 11 de xullo de 1274
  Castelo Turnberry
Falecemento 7 de xuño de 1329
  Cardross
Causa Lepra
Soterrado Abadia de Dunfermline e Melrose (Escócia)
Nacionalidade Reino de Escocia
Etnia Pobo escocés
Relixión catolicismo
Ocupación guerrilleiro
Pai Robert de Brus, 6th Lord of Annandale
Nai Marjorie, Countess of Carrick
Cónxuxe Isabella of Mar e Elizabeth de Burgh
Fillos Marjorie Bruce, David II de Escocia, Margaret Bruce, Robert Bruce, Lord of Liddesdale, Maud Bruce, John Bruce, Walter Bruce, Margaret Bruce, Catherine Bruce, Elizabeth Bruce, Christina Bruce e Neil Bruce
Irmáns Thomas de Brus, Edward Bruce, Alexander de Brus, Nigel de Brus, Isabel Bruce, Christina Bruce e Mary Bruce
editar datos en Wikidata ]
Roberto I Bruce.

Roberto I Bruce, nado como Robert the Bruce o 11 de xullo de 1274 e finado o 7 de xuño de 1329, foi rei de Escocia de 1306 a 1329.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nobre escocés, era fillo do conde de Carrick, Roberto VII Bruce, tataraneto do rei David I e, polo tanto, pretendente ao trono escocés. A diferenza do seu pai, foi rebelde á política de Eduardo I de Inglaterra de someter ao seu país, uníndose ás forzas independentistas de William Wallace contra os ingleses. Á morte do seu pai (1304) asumiu o título de Conde de Carrick co nome de Roberto VIII. Traizoado e executado Wallace en 1305, Roberto asumiu o mando das forzas escocesas.

En 1306, autoproclamouse rei de Escocia co nome de Roberto I. Ese mesmo ano as milicias escocesas foron derrotadas polas tropas inglesas, véndose Roberto obrigado a refuxiarse na illa de Rathling (na costa norte de Irlanda).

Un ano despois morre Eduardo I e sobe ao trono o seu feble fillo, Eduardo II. Contando con este factor e co apoio dos habitantes das Highlands de Escocia, Roberto regresou e comezou unha verdadeira guerra de guerrillas contra os destacamentos ingleses, reconquistando en poucos anos case todo o territorio escocés.

Finalmente presentou batalla en campo aberto contra o exército inglés de Eduardo II na batalla de Bannockburn en 1314, onde o derrotou.

Puxo punto final ao conflito anglo-escocés mediante a tregua de 1327, sendo recoñecido polos ingleses como rei de maneira formal polo tratado de Northampton de 1328, un ano antes da súa morte, causada pola lepra. Casado en primeiras nupcias con Isabella de Mar tivo unha filla: María, casada con Walter Estuardo, 6º Alto Administrador de Escocia. Ambos foron pais do futuro rei Roberto II de Escocia. Casado en segundas nupcias con Isabel de Burgh, tivo un fillo, o cal sería o seu sucesor: David.

Esta convulsa época da historia escocesa foi a orixe dunha película de gran fama no seu momento, Braveheart.

Predecesor:
Ocupación Inglesa (Eduardo I de Inglaterra)
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg
Rei de Escocia

1306 - 1329
Sucesor:
David II
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Roberto_I_de_Escocia&oldid=4753263"