Robert Hofstadter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Hofstadter
Robert Hofstadter.jpg
Robert Hofstadter
Datos persoais
Nacemento5 de febreiro de 1915
LugarNova York
Falecemento17 de novembro de 1990
LugarStanford
NacionalidadeEstados Unidos de América
FillosDouglas Hofstadter
Actividade
Campofísico, científico nuclear e catedrático de universidade
PremiosBolsa Guggenheim, Premio Nobel de Física, Medalha Nacional de Ciências, Medalha Dirac, Alexander von Humboldt Fellow e Prêmio Humboldt
Robert Hofstadter.svg
editar datos en Wikidata ]

Robert Hofstadter, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1915 e finado en Palo Alto (California) o 17 de novembro de 1990, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de raíces xudías polacas. Graduado en física e matemáticas en 1935 polo City College of New York, doutorouse no ano 1938 pola Universidade de Princeton.

Foi pai do científico e filósofo Douglas Hofstadter.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Profesor da Universidade Stanford entre 1950 e 1985, as súas investigacións científicas centráronse na estrutura dos nucleóns. En 1961 compartiu con Rudolf Mößbauer, aínda cando por traballos diferentes, o Premio Nobel de Física polos seus estudos, pioneiros, sobre a dispersión do electrón nos núcleos atómicos e polos seus descubrimentos relativos á estrutura dos nucleóns.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Robert_Hofstadter&oldid=4928892"