Roberto Padín Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roberto Eduardo Padín Rodríguez, nado en Tui o 13 de outubro de 1886 e finado en Vigo o 6 de xaneiro de 1979, foi un debuxante, humorista e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fundador do xornal El Miñor. Publicou o seu primeiro debuxo humorístico en 1916 na revista Vida Gallega, da que foi subdirector entre 1924 e 1927 e coa que colaborou ata 1935. Colaborou tamén en Faro de Vigo, La Integridad, La Región, El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego e La Semana. Participou nalgunhas mostras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Roberto_Padín_Rodríguez&oldid=4202613"