Rodolfo I de Habsburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rodolfo I de Habsburgo
Rei de romanos
Conde de Habsburgo
Duque de Austria e de Carintia
Rudolf von Habsburg Speyer.jpg
Tumba de Rodolfo I na catedral de Espira
Rei de romanos
29 de setembro de 1273 - 15 de xullo de 1291
PredecesorRicardo da Cornualles
SucesorAdolfo I de Nassau
Duque de Austria
26 de agosto de 1278 - 27 de decembro de 1282
PredecesorOtakar II
SucesorAlberte I de Habsburgo

Nacemento1 de maio de 1218
Sasbach am Kaiserstuhl
Falecemento15 de xullo de 1291
Espira
ConsorteXertrudis de Hohenberg
Isabel de Borgoña
DescendenciaVéxase Matrimonios e descendencia
Casa realCasa de Habsburgo
ProxenitoresAlberte IV de Habsburgo
Edviges de Kyburg

Rodolfo I da Habsburgo, nado o 1 de maio de 1218 en Sasbach am Kaiserstuhl, e finado o 15 de xullo de 1291 en Speyer, foi o primeiro dos Habsburgo que ocupou un trono real.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o primoxénito do conde Alberte IV de Habsburgo, e da súa esposa Edviges de Kyburg.

Foi elixido Rei de romanos, en 1273, e a súa elección puxo fin ao Grande Interregno, período en que o reino de Alemaña estivo vacante (1245-1273), despois da loita vitoriosa do papado contra a dinastía dos Hohenstaufen, que resultou na deposición do emperador Federico II polo papa Inocencio IV, en 1245.

Foi coroado Rei de romanos na Catedral de Aquisgrán o 24 de outubro de 1273. Para obter a aprobación do papa, Rodolfo renunciou a todos os dereitos imperiais en Roma, os Estados Pontificios, e o Reino de Sicilia, e comprometeuse a liderar unha nova Cruzada. O papa Gregorio X, a pesar das protestas de Otakar II de Bohemia, non só recoñeceu a Rodolfo, senón que convenceu ao rei Afonso X de Castela, que fora elixido como rival de Ricardo de Cornualles rei alemán en 1257, para suceder ao conde Guillerme de Holanda, que desistiran nas súas pretensións. Polo tanto, Rodolfo superou aos dous herdeiros da dinastía dos Hohenstaufen aos que antes servira lealmente.

Na época a idea da monarquía imperial estaba moi debilitada, de modo que Rodolfo abandonou a súas pretensións de exercer a Monarquía Universal, así como de controlar Itelia. Así e todo, a pesar do apoio do papado, en virtude da inestábel política italiana debido aos conflitos entre güelfos e xibelinos, non chegou a ser coroado emperador.

Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

Rodolfo casou dúas veces. Primeiro en 1245 con Xertrudis de Hohenberg e logo con Isabel de Borgoña, filla de Hugo IV. Todos os fillos o foron do seu primeiro matrimonio.

  1. Matilde de Habsburgo (Rheinfelden, ca. 1251/53 – Múnic, 23 decembro de 1304), casada en 1273 en Aquisgrán con Luís II, duque de Baviera e nai de Rodolfo I, duque de Baviera e de Luís IV de Baviera, emperador do Sacro Imperio.
  2. Alberte I de Habsburgo (xullo de 1255 – 1 de maio de 1308), duque de Austria e de Estiria.
  3. Catalina de Habsburgo (1256 – Landshut, 4 de abril de 1282), casada en 1279 en Viena con Otón III Duque de Baviera, máis tarde Bela V de Hungría. Non tivo descendencia.
  4. Inés de Habsburgo (ca. 1257 – Wittenberg, 11 de outubro de 1322), casada en 1273 con Alberte II de Saxonia e nai de Rodolfo I, duque de Saxonia-Wittenberg.
  5. Eduvixis de Habsburgo (finada en 1285/86), casada en 1270 en Viena con Otón VI, margrave de Brandeburgo-Salzwedel, non tivo descendencia.
  6. Clemencia de Habsburgo (ca. 1262 – despois do 7 de febreiro de 1293), casada en 1281 en Viena con Carlos Martel de Anjou-Sicilia, o candidato papal ao trono de Hungría, e nai do rei Carlos I de Hungría e da raíña Clemencia de Francia.
  7. Hartmann (Rheinfelden, 1263 – 21 de decembro de 1281), afogado en Rheinau.
  8. Rodolfo II, duque de Austria e de Estiria (1270 – Praga, 10 de maio de 1290), duque de Suabia, pai de Xoán o Parricida de Austria.
  9. Xudit de Habsburgo (13 de marzo de 1271 – Praga, 18 de xuño de 1297), casada o 24 de xaneiro de 1285 co rei Wenceslao II e nai do rei Wenceslao III de Bohemia, Polonia e Hungría, da raíña Ana de Bohemia (1290–1313) e da raíña Isabel I de Bohemia (1292–1330), condesa de Luxemburgo.
  10. Carlos (1276–1276).
Predecesor:
Ricardo de Cornualles
Rei de romanos
1273 - 1291
Sucesor:
Adolfo de Nassau
Predecesor:
Otakar II
Duque de Austria
1278 - 1282
Sucesor:
Alberte I
(con Rodolfo II)
Predecesor:
Otakar II
Duque de Carintia
1278 - 1282
Sucesor:
Meinardo II

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Francis Rapp (1988): "Le province ecclesiastiche dell'impero germanico" en Storia del cristianesimo, vol. VI: Un tempo di prove (1274-1449). Roma: Borla-Città Nuova. ISBN 88-263-1024-6
  • Karl-Friedrich Krieger (2003): Rudolf von Habsburg. Darmstadt: Primus Verlag. ISBN 978-3-89678-459-9.
  • Oswald Redlich (1903): Rudolf von Habsburg. Das deutsche Reich nach dem Untergang des alten Kaisertums. Innsbruck.
  • Constantin Wurzbach (1861): Biographisches Lexikon des Kaisertums Österreich. Vol. VII, pp. 127–135. Viena (versión online)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rodolfo_I_de_Habsburgo&oldid=4984404"