Rodolfo Ucha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Rodolfo Ucha Piñeiro
Nome completo Justo Perfecto Rodolfo Ucha Piñeiro
Nacemento 29 de setembro de 1882
  Vigo, Galiza Galiza
Falecemento 27 de xaneiro de 1981
  Ferrol, Galiza Galiza
Nacionalidade Galicia Galego
Alma máter Universidade Politécnica de Madrid
Ocupación Arquitecto
Cónxuxe María de los Ángeles Donate Hernández-Ardieta
Coñecido/a por Teatro Jofre
editar datos en Wikidata ]
Fachada do Teatro Jofre, 1921.

Rodolfo Ucha Piñeiro, nado en Vigo o 29 de setembro de 1882 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1981, foi un arquitecto galego, un dos practicantes do estilo modernista na Galiza, especialmente en Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo un neno trasladouse coa súa nai, viúva, a Ferrol. Logo de estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, en 1906 obtivo o título. Volveu a Ferrol onde traballou como arquitecto municipal dende 1909.

Faleceu na cidade departamental, case centenario, o 27 de xaneiro de 1981.

Características[editar | editar a fonte]

A obra de Ucha inscríbese no estilo modernista, no que utiliza ás veces elementos innovadores, como poden ser as cores ou os chapiteis. Nos proxectos máis tardíos, dende os anos 30, os seus proxectos acostuman incluírse como déco.

Obra (selección)[editar | editar a fonte]

Practicamente todas as súas obras foron levantadas na mesma cidade de Ferrol.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Burgoa, Juan (9-4-2014). "Penoso centenario del modernismo de Rodolfo Ucha". Diario de Ferrol (en español). 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rodolfo_Ucha&oldid=4681810"