Román Rodríguez de Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Román Rodríguez de Vicente, nado en Vigo o 17 de abril de 1887 e finado en Buenos Aires o 21 de xaneiro de 1928, foi un enxeñeiro e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Román Rodríguez, administrador do Pazo do Conde de Gondomar, en Baiona. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e despois foi enviado a Alemaña onde cursou a carreira de enxeñeiro industrial na Universidade de Dresde, graduándose o 20 de marzo de 1906. Especializouse en electricidade no Instituto Técnico de Henrichen (Saxonia). Emigrou a Buenos Aires en 1907. En 1909 trasladouse ao municipio 25 de Mayo, onde traballou como profesor de física e química da Escola Normal. Afiliouse ao Partido Socialista Argentino en 1912, e foi secretario da xunta executiva da Federación Socialista da provincia de Bos Aires e deputado na mesma provincia (1914-1916). Dirixiu os xornais La Unión e La Acción, e colaborou en La Nación. Colaborou coa colectividade galega desempeñando tarefas na Casa de Galicia de Bos Aires.

En febreiro de 1935 as súas cinzas foron trasladadas a Vigo cumprindo o seu desexo de repousar na súa cidade natal.

Era irmán de José Rodríguez de Vicente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Román_Rodríguez_de_Vicente&oldid=4460310"