Romai, Portas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°33′02″N 08°41′00″O / 42.55056, -8.68333

Romai
Iglesia de San Xulián de Romai.jpg
Igrexa de San Xián de Romai.
ConcelloPortas
Poboación958 hab. (2017)
Entidades de poboación17

San Xián de Romai é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. Segundo o IGE en 2010 tiña 979 habitantes (518 mulleres e 461 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 997 habitantes. Actualmente esta tendencia de declive foise moderando e manténdose unha correcta relación entre a taxa de natalidade e de mortalidade no 2015.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Houbo un poboado castrexo no Peso, en Romai Vello. Nel atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo de Pontevedra.

A igrexa parroquial é de orixe románica. A fachada ten a portada de arco apuntado e dobre arquivolta. No interior do templo hai un arco triunfal de medio punto. Preto do templo hai un cruceiro coa imaxe da Virxe das Dores, e hai outro máis no lugar de Cubelo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Portas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Romai[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Romai no concello de Portas (Pontevedra)

A Cachada | A Costa | Bacelo | Chan de Outeiro | Covelo | Currás | Frieiro | Mourigán | O Casal | O Castro | Porto do Salto | Quintáns | Romai Vello | Tarrío | Tras do Río | Vilavedra | Xagobe

Parroquias de Portas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Portas

Briallos (San Cristovo) | Lantaño (San Pedro) | Portas (Santa María) | Romai (San Xián)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Romai,_Portas&oldid=4701804"