Rosi Braidotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosi Braidotti
Braidotti.jpg
Nacemento28 de setembro de 1954
 Latisana
NacionalidadeAustralia
Alma máterUniversidade Nacional Australiana
Ocupaciónfilósofa, catedrática e feminista
editar datos en Wikidata ]

Rosi Braidotti, nada en Latisana en 1954, é catedrática de Filosofía e directora do Centro de Humanidades da Universidade de Utrecht . Nada en Italia, creceu en Australia, onde se graduó na Universidade Nacional de Australia en Camberra e estudou filosofía na Sorbona (París). Desde 1988 é profesora na Universidade de Utrecht. Considerada unha das pioneiras nos estudos europeos de mulleres, a súa carreira recibiu moitos recoñecementos, como o doutoramento honorario da Universidade de Linköping (Suecia, 2013) e da Universidade de Helsinki (2007) e o Premio Erasmus da Comisión Europea (2010).

Entre as súas obras de referencia traducidas a lingua castelá destacan Sujetos nómadas (Paidós-Arxentina, 2000), Metamorfosis. Hacia una teoría materialista del devenir (Akal, 2003), Feminismo, diferencia sexual y subjetividad nómade (Gedisa, 2004) e Transposiciones (Gedisa 2009). O seu último libro é The Posthuman (2013), traducido a lingua castelá como Lo Posthumano (Gedisa, 2015).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CCCB (ed.). "Rosi Braidotti". +Humans. Consultado o 19 de novembro de 2015. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rosi_Braidotti&oldid=5172864"