Rogelio Civeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Roxelio Civeira")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rogelio Civeira
 O Carballiño
Falecementoxuño de 1922
 O Carballiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Rogelio Civeira Pereira, nado no Carballiño e finado na mesma vila en xuño de 1922[1], foi un poeta e dramaturgo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xefe de negociado de Facenda. Estivo destinado na Coruña. En 1875 estreou en Ourense a peza cómica Un novio para Rosita. Foi autor da peza teatral A orfa de San Lorenzo, que foi premiada no certame literario de O Galiciano (1886). Gañou o premio dos Xogos Florais de Betanzos de 1886 ao mellor traballo humorístico sobre o tema "¿Es conveniente el baile?" coa obra ¿Convén o baile?. Tamén escribiu poemas en galego que apareceron en El Heraldo Gallego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Pontevedra, 17-6-1922, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rogelio_Civeira&oldid=5018639"