Rubén Lois González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rubén Camilo Lois González, nado en Palas de Rei o 13 de outubro de 1961, é un xeógrafo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Rubén Víctor Lois Calviño, naceu en Palas de Rei, onde residiu ate os catorce anos. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1984) e doutorado en Xeografía pola mesma Universidade coa tese Aproximación a una Geografía de la Juventud. Estudio socioespacial de los Centros de España (1992). É catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC onde exerce a docencia dende 1990. Tamén impartiu docencia na Universté do Maine, Université de Caen e Université de Touluse-Le Mirail en Francia, e na University of Bergen en Noruega. Foi Director Xeral de Turismo (2005-2009). É coordinador do Grupo ANTE: Análise Territorial (GI-1871) da USC e director da fundación CEER (Centro de Estudos Euro-Rexionais).]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rubén_Lois_González&oldid=4499402"