Rubiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°26′59″N 06°56′56″O / 42.44972, -6.94889

Rubiá
Escudo de Rubiá
Igrexa de Santo Estevo de Pardollán, Rubiá.jpg
Igrexa de Santo Estevo de Pardollán.
Situacion Rubiá.PNG
Situación
Xentilicio[1]rubiao
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación1.448 hab. (2018)
Área100,7 km²
Densidade14,38 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeElías Rodríguez Núñez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Rubiá
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,30%
Na rede
http://www.concelloderubia.es/ (ligazón morta)

Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rubiao».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1494 (2014)
Menores de 15 anos 100 (6,69 %)
Entre 15 e 64 anos 812 (54,35 %)
Maiores de 65 anos 582 (38,96 %)
Evolución da poboación de Rubiá   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3738 4164 4220 3049 1685 1585 1561 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

Historia[editar | editar a fonte]

A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza.[5] Durante a romanización construíronse varias vías.[5]

Na idade media albergou varios mosteiros.[5] Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.[5]

Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.[5]

Sendeirismo[editar | editar a fonte]

Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Rubiá.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rubiá

O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción) | Biobra (San Miguel) | Covas (San Salvador) | Oulego (San Miguel) | Pardollán (Santo Estevo) | O Porto (San Cristovo) | Quereño (San Cristovo) | O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción) | Rubiá (Santa Mariña) | A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Lugares de Rubiá[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rubiá vexa: Lugares de Rubiá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Rubiá". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  5. 5,05,15,25,35,4 "Sitio web do concello. Que ver". Arquivado dende o orixinal o 27-07-2011. Consultado o 10-07-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rubiá&oldid=5253053"