Ruxe Ruxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ruxe Ruxe
RuxeRuxeFestigal2015.jpg
Ruxe Ruxe no Festigal en Santiago de Compostela no 2015
OrixeAríns (Santiago de Compostela), Galicia Galiza
Período1996 - actualidade
Xénero(s)Rock
Punk
Folk
Bravú
Selo(s) discográfico(s)Lobicán Records
MembrosHéctor Ojea
Xaco Barona
Carlos Freire
Vituco Neira
Miguel Duarte
Xan Pericán
Páxina webPáxina oficial

Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

Até o momento sacaron á venda once discos e teñen feito concertos por toda España, Portugal e Italia. As súas cancións téñense utilizado nalgúns programas de televisión e mesmo filmes.

Membros[editar | editar a fonte]

Os membros da formación son:

  • Héctor Ojea - Batería.
  • Xaco Barona - Gaita.
  • Carlos Freire - Baixo.
  • Vituco Neira - Voz e guitarra.
  • Miguel Duarte - Guitarra.
  • Xan Pericán - Saxofón.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Ruxe-Ruxe (1999)
  • Non temos medo (2000)
  • A terra dos comentos (2002)
  • Fervendo (2004)
  • Comercial (2006)
  • Xigantes (2008)
  • Na fura de diante (2010)
  • Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras (2012)
  • Némesis (2014)
  • Un mundo perfecto (2015)
  • "20 segundos" (2016)

Curiosidades[editar | editar a fonte]

imaxe promocional ruxe-ruxe 2016

O tema "Ás escuras" do disco Fervendo, foi a cuarta canción máis votada en 2004 na Polskie Radio (Radio Estatal de Polonia) polos seus oíntes.[1]

Na xira de presentación de "Comercial" chegaron a dar máis de cincuenta concertos no ano 2007 ao redor de toda a península.

O videoclip do seu tema "Buratos" foi finalista nos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego.

No ano 2015 Jairo Iglesias realizou o documental "Sempre Adiante" no que se aborda a rutina da banda e a súa maneira de facer as cousas no día a día, nos ensaios, no estudio de gravación e nos concertos. Tamén é un pequeno repaso á historia musical do grupo co gallo do seu 20º aniversario. O documental estreouse no Teatro Principal de Compostela en maio de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ruxe Ruxe en Komunikando.net". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2009. Consultado o 22 de maio de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ruxe_Ruxe&oldid=4908581"