Século -XI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

século XII adC < século XI adC > século X adC

O século XI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1100 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1001 a. C.

O século XI a.C. en Europa forma parte do período da Idade de Ferro onde continúan os cambios postos en marcha no século anterior, de modo que as antigas civilizacións da Idade de Bronce ceden o control a novos pobos.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Estado social e tecnolóxico do mundo, cara o século XI a,C.      Cazadores-recolectores      Pastores nómades      Sociedades agrícolas simples      Sociedades agrícolas complexas/xefaturas      estados      Deshabitado      Area de traballos con ferro, c. 1000 BCE.      Area de traballos con bronce, c. 1000 BCE.

Galicia[editar | editar a fonte]

O pobo celta dos Saefes invaden Galicia, someterá os Oestrimnios, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da organización política e das relacións marítimas con Bretaña e Inglaterra.

España[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

  • 1089 a.C.: en Grecia, Melanto ―lendario rei de Atenas― morre tras un reinado de 37 anos; sucédelle o seu fillo Codro.
  • 1068 a.C.: o lendario rei ateniense Codro, morre en batalla contra os invasores dorios logo dun reinado de 21 anos. A tradición ateniense considérao o último monarca que tivo poder absoluto sobre Atenas. Os historiadores modernos considérano o último rei cuxa biografía forma parte da mitoloxía grega. Foi sucedido polo seu fillo Medonte.
  • 1000 a.C.: na actual cidade de Amersfoort (Países Baixos) suceden os primeiros asentamentos.

Asia[editar | editar a fonte]

  • Anos 1090 a. C.: en Exipto, baixo o reinado de Ramsés XI, a crise nese país fai que aumente o número de ladróns de tumbas, o cal provocará que se abandone o Val dos Reis como lugar de enterramento de faraóns.
  • 1076 a. C.: os arameos (do país de Aram) conquistan Asiria.
  • 1027 a. C.: data tradicional do final da dinastía Shang.

Política[editar | editar a fonte]

Pedra de Michaux, un ronsel con inscricións en acadio atopada preto de Bagdad datada de principios do século XI a.C.
  • Prodúcese a fundación do Estado Jin da antiga China, coa chegada da Dinastía Zhou.
  • O reinado de Codro en Atenas é o último do período absolutista (e mítico) da historia da rexión.
  • Israel comeza o seu período monárquico con Saúl e logo David.
  • O Imperio Novo de Exipto chega ao seu fin.
  • Prodúcese o auxe de Tartessos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páx. 145 de De Argantonio a los romanos, "Historia de España 2", Historia 16, Temas de hoy, 1995, ISBN 84-7679-275-1 (obra completa).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Século_-XI&oldid=4937964"