Síndrome de Wolff-Parkinson-White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Síndrome de Wolff-Parkinson-White
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome de Wolff-Parkinson-White (WPW) é unha síndrome de preexcitación dos ventrículos do corazón debido a unha vía accesoria coñecida como feixe de Kent que transcorre pola parte anterolateral da aurícula e ventrículo dereito (en caso de ser polo esquerdo coñécese como feixe de Ohnell). Esta vía é unha comunicación eléctrica anormal da aurícula ao ventrículo.

A prevalencia da síndrome de WPW oscila entre o 0,1% e o 0,3% da poboación xeral.

Aínda que a ampla maioría de individuos coa síndrome de WPW permanecen asintomáticos ao longo de toda a súa vida, hai un risco de morte súbita asociada coa síndrome. É pouco frecuente (incidencia menor de 0,6%[1][2]), e débese ás taquiarritmias que esta vía accesoria produce no individuo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Munger TM, Packer DL, Hammill SC, Feldman BJ, Bailey KR, Ballard DJ, Holmes DR Jr, Gersh BJ. (1993). "A population study of the natural history of Wolff-Parkinson-White syndrome in Olmsted County, Minnesota, 1953-1989". Circulation. 87 (3): 866–73. PMID 8443907. 
  2. Fitzsimmons PJ, McWhirter PD, Peterson DW, Kruyer WB (2001). "The natural history of Wolff-Parkinson-White syndrome in 228 military aviators: a long-term follow-up of 22 years". American Heart Journal 142 (3): 530–6. PMID 11526369 doi 10.1067/mhj.2001.117779. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Síndrome_de_Wolff-Parkinson-White&oldid=5081542"