STS-107

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
STS-107
Close-up STS-107 Launch - GPN-2003-00080.jpg
Lanzamento da misión STS-107
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Destino actualDestruído durante a reentrada atmosférica.[1][2]
Data de lanzamento16 de xaneiro de 2003, 15:39 GMT[2][3][4][5]
Foguete portadorTransbordador espacial[2][6]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[1][2]
Duración da misión15,94 días[1]
Obxectivo da misiónExperimentos durante voo en solitario.[1][2]
Regreso1 de febreiro de 2003[1]
NSSDC ID2003-003A

STS-107 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 16 de xaneiro de 2003 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. O transbordador resultou destruído ao reentrar na atmosfera, sen que ningún dos ocupantes sobrevivira.[1][2][4][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-107, con sete astronautas a bordo (entre eles o israelí Ilan Ramon), foi unha misión en solitario do transbordador espacial Columbia para facer experimentos en órbita durante un voo en solitario. O transbordador levaba a bordo dous módulos Spacehab para ser usados como laboratorio. O Columbia era o máis antigo e pesado da frota de transbordadores espaciais, e nunca foi modificado para facer misións cara a Estación Espacial Internacional, polo que so era utilizado para voos en solitario e en misións de servizo, como a misión STS-109 de reparación do Telescopio Espacial Hubble. Na misión STS-107 o Columbia levou a cabo experimentos en microgravedade de interese potencialmente comercial. Orixinalmente iba ser lanzada en 2001 pero sucesivos atrasos e outras misións desprazaron a data de lanzamento ata xaneiro de 2003. Durante o lanzamento observouse un anaco de espuma do illante do tanque principal impactando contra o borde de ataque do ala esquerdo do transbordador, pero concluíuse que o impacto non era de importancia. A misión transcorreu sen incidencias. O día 1 de febreiro comezaron as manobras de reentrada. En canto o transbordador ingresou na atmosfera terrestre e comezou a quentarse, sensores ao longo da nave empezaron a indicar anomalías na temperatura e na presión. As comunicacións coa tripulación cesaron ás 14:59 GMT, ao tempo que videoafeccionados gravaban a nave desintegrándose sobre Texas e Louisiana. Miles de pezas caeron nun corredor sobre eses dous estados. Ningún dos astronautas sobreviviu. A análises e investigación posteriores demostraron que o impacto da espuma no ala abriu un burato polo que entraron gases a alta temperatura durante a reentrada, destruíndo a estrutura do transbordador e matando as tripulantes. A frota de transbordadores quedou en terra durante a investigación, e desenvolvéronse procedementos para evitar un desastre parecido nas misións restantes.[1][2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,41,51,6 Mark Wade (2011). "STS-107" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  2. 2,02,12,22,32,42,52,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 107" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  3. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 107" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  4. 4,04,1 "Note verbale dated 30 June 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-85488(E)). 2 de xullo de 2003: 5. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  5. Claude Lafleur (2010). "STS-107" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  6. 6,06,16,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=STS-107&oldid=5002577"