Isabel de Wittelsbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sabela de Wittelsbach")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Isabel de Wittelsbach
Erzsebet kiralyne photo 1867.jpg
Nome completo Elisabeth Amalie Eugeniein Bayern
Nacemento 24 de decembro de 1837
  sen etiquetar
Falecemento 10 de setembro de 1898
  Xenebra
Causa stabbing
Soterrada Cripta Imperial de Viena
Nacionalidade Imperio austríaco, Imperio Austrohúngaro e Reino de Baviera
Relixión Igrexa católica
Ocupación raíña consorte
Pai Maximiliano, duque da Baviera
Nai Luísa Guilhermina da Baviera
Cónxuxe Arquiduque Francisco Xosé
Fillos Sofia Frederica da Áustria, Gisela da Áustria, Rodolfo de Habsburgo e Maria Valéria da Áustria
Irmáns Maria Sofia da Baviera, Matilde Ludovica em Baviera, Sofia Carlota da Baviera, Duke Ludwig Wilhelm in Bavaria, Carlos Teodoro, duque da Baviera, Maximiliano Emanuel da Baviera e Helena Carolina da Baviera
Premios Rosa de Ouro
editar datos en Wikidata ]

Elisabetta Amalia Eugenia von Wittelsbach ou Sabela de Wittelsbach, máis coñecida polo diminutivo Sissi, nada en Múnic o 24 de decembro de 1837 e finada en Xenebra o 10 de setembro de 1898, foi emperatriz de Austria entre 1854 e 1898 e raíña de Hungría entre os anos 1867 e 1898.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, o duque Maximiliano Xosé pertenceu a unha dinastía da rama secundaria dos duques de Baviera e a súa nai, Ludovica, era filla do rei Maximiliano I de Bavaria.

Con 16 anos, o 4 de abril de 1854, casou co Emperador de Austria, Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena. Polo seu matrimonio converteuse en Emperatriz de Austria e desde 1867 en Raíña de Hungría.

Dotada de gran beleza, caracterizouse por ser unha persoa rebelde, culta e avanzada para a súa época: fumaba, falaba varios idiomas, practicaba a equitación, escribía poesía, coidaba a súa figura, gustáballe viaxar e detestaba o protocolo da corte imperial de Viena, da que permaneceu afastada, debido en parte aos continuos enfrontamentos coa súa sogra, a arquiduquesa Sofía, e máis tarde pola morte da súa primoxénita Sofía e o suicidio do príncipe herdeiro, Rodolfo.

Ao ser coroada raíña de Hungría, o 8 de xuño de 1867 en Cfen, recibiu como obsequio o palacio Gödölö. Isto, xunto coas súas continuas viaxes a Hungría acrecentou o rumor dunha relación sentimental co Conde Gyula Andrássy. Entre os seus destinos no estranxeiro cabe destacar Bavaria, Grecia e Irlanda. Tamén visitou cidades españolas como Palma, Alacant e Elx, onde bautizou a palmeira de sete brazos. Estivo tamén en Madeira recuperándose dunha tuberculose bastante grave.

Morreu o 10 de setembro de 1898 en Xenebra, asasinada polo anarquista italiano Luigi Lucheni, á idade de 61 anos.

Fillos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Isabel_de_Wittelsbach&oldid=4748315"