Saddam Hussein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Saddam Hussein
Saddam Hussein in 1998.png
Nacemento 28 de abril de 1937
  Al-Awja
Falecemento 30 de decembro de 2006
  Bagdad e Kadhimiya
Causa Enforcamento
Soterrado Al-Awja e Tikrit
Nacionalidade Iraq
Relixión Sunnismo e Islam
Educado en Universidade do Cairo e Universidade de Bagdá
Ocupación político, party leader, poeta e president
Pai Hussein 'Abid al-Majid
Cónxuxe Sajida Talfah e Samira Shahbandar
Fillos Uday Hussein, Raghad Hussein, Hala Hussein, Rana Hussein e Qusay Hussein
Premios Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Decoration of the Order of Civil Merit, Order of Stara Planina, Order of José Martí, Ordem do Mérito Civil e Detroit Key
Saddam Hussein Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Saddām Hussein ʻAbd al-Majīd al-Tikrīt (صدام حسين عبد المجيد التكريتي), nado o 28 de abril de 1937 e finado o 30 de decembro de 2006, foi o presidente de Iraq entre 1979 e o seu derrocamento en 2003 por Estados Unidos como cabeza dunha coalición internacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de pastores da tribo al-Begat, seis meses despois morreu seu pai e el quedou ao coidado dun tío materno, Khairallah Talfah, aos tres anos volveu coa súa nai que volvera casar e aos dez volveu co seu tío.

Membro do Partido Baas, opositor ao goberno de Abdul Karim Qassim, estivo en prisión, como secretario do partido xogou un papel chave durante o golpe de estado de 1968 que levou o seu partido ao poder. Foi vicepresidente durante o goberno do seu tío Ahmed Hassan al-Bakr, Saddam apoiado no seu clan elimina aos seus rivais e consegue controlar Bagdad e converte o Baas nun partido ao servizo da súa persoa e cando al-Bakr renunciou á presidencia, formalmente por motivos de saúde, pero na práctica forzado por Saddam Hussein, que asume a presidencia o (16 de xullo de 1979), poucos días despois 68 altos cargos do partido e do estado foron arrestados e acusados de alta traizón, 22 foron executados na súa presenza.

O 22 de setembro de 1980 enviou as súas tropas contra Irán co apoio dos Estados Unidos, Francia e a Uníón Soviética, guerra que durou ata o 20 de agosto de 1988. O seu réxime masacrou milleiros de kurdos (entre 300.000 e 1.000.000) e milleiros de persoas consideradas de sangue impuro foron deportadas, torturadas ou masacradas.

O 2 de agosto de 1990 Iraq invadiu Quvait. En 1991 unha coalición internacional dirixida polos Estados Unidos, entón gobernada por George Bush, obrigou a Iraq a retirarse de Quvait. A ONU estableceu sancións económicas contra Iraq. En 2003 George W. Bush atacou Iraq acusándoo de cómplice co terrorismo norteamericano. Saddam foi expulsado do poder nunha guerra non autorizada polo Consello de Seguranza da ONU. Saddam escondeuse durante varios meses ata que o 13 de decembro de 2003 foi localizado nunha operación conxunta de forzas norteamericanos e curdas.

O 5 de novembro de 2006 foi condenado pola morte de 148 xiís na vila de Dujail en 1982, sendo condenado á morte, polo que foi enforcado o 30 de decembro de 2006.


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Saddam_Hussein&oldid=4709907"