Halita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sal xema")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Halita
Selpologne.jpg
Cubo imperfecto de halita
Fórmula químicaNaCl
ClaseHaluros
Sistema cristalinoCúbico
CorIncolora, branca, amarela, vermella, gris e azul
BrilloVítreo algo mate
Dureza2
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta, en cubos
RaiaBranca
Densidade2,1-2,2 g/cm3

A halita (tamén chamada sal xema ou sal rocha) é un mineral da clase dos haluros cuxa fórmula química é NaCl (39,3% de sodio e 60,7% de cloro). É pois, un mineral composto na súa totalidade por cloruro de sodio.

Aspecto[editar | editar a fonte]

Na súa forma cristalina adopta a figura dun cubo. Tamén aparece formando masas e máis rara vez en forma de octaedros. A súa coloración varía segundo as impurezas que teña na súa composición.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

A halita é un mineral moi abundante en terreos sedimentarios, pérmicos, triásicos e terciarios. Xace en capas, alternándose con xeso e as arxilas, impregnando margas (chamadas por isto salíferas). Encóntrase disolta en altas cantidades na auga do mar e nalgunhas lagoas chamadas salinas coma as de Torrevieja (Alacant) e San Carlos de la Rápita (Tarragona).

Usos da halita[editar | editar a fonte]

A halita é utilizada na industria química como fonte de sodio e cloro e para fabricar sosa e ácido clorhídrico, na cociña como condimento e conservante de alimentos, na agricultura como fertilizante e no gando como alimento para animais.

Propiedades[editar | editar a fonte]

É soluble en auga e de sabor salgado.

Outros haluros[editar | editar a fonte]

Outros haluros a destacar son a fluorita e a silvina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Halita&oldid=4378441"