Salud Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Salud Torres Díaz")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salud Torres
Nacemento1912
 Ourense
Falecemento29 de outubro de 1937
 Mosteiro de Ribeira, Xinzo de Limia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e política
editar datos en Wikidata ]

Salud Torres Díaz, nada en Ourense en 1912 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha sindicalista e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Delegada da UGT. e militante do PCE, participou no mitin do Partido celebrado no Teatro Principal en abril de 1934.[1] Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detida, acusada de repartir panfletos incitando aos soldados á rebelión, e sometida a consello de guerra.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida. Internada no cárcere de Celanova de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda María del Valle Lozano. Destrozárolle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.[3] En xullo de 2019 iniciouse a recuperación dos seus restos pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Claudio Rodríguez Fer escribu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Salud_Torres&oldid=5202679"