Salvador Etcheverría Brañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvador Etcheverría Brañas
Nacemento22 de maio de 1894
 Ferrol
Falecemento23 de setembro de 1957
 París
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, diplomático e político
editar datos en Wikidata ]

Salvador Etcheverría Brañas, nado en Ferrol o 22 de maio de 1894 e finado en París o 23 de setembro de 1957, foi un avogado e diplomático galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nado en Ferrol, a súa casa familiar estaba no lugar da Peneda (Abegondo). Estudou nos xesuítas de Pontevedra e nos escolapios de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1917). En 1924 comezou a súa intervención política, coa oposición á ditadura de Primo de Rivera. Traballou pola República ata comezos de 1930, fundando a Organización Republicana Gallega Autónoma e incorporándose despois ao Partido Radical-Socialista, fundando os comités municipal de Abegondo, provinciais e rexional de Galicia do partido. Durante 1932 e 1933 foi gobernador civil da provincia de León.

Ao escindirse o Partido Radical-Socialista, foi fundación da Unión Republicana. Coa sublevación do 18 de xullo foi detido polos falanxistas na Coruña, pero un influente amigo xesuíta da familia conseguiu un permiso de excarceración en decembro de 1936, que Salvador aproveitou para saír por Portugal con destino a Cuba. Alí dedicouse á diplomacia ao servizo da República: foi secretario de Embaixada na Habana en maio de 1937, secretario de Embaixada en México en agosto de 1937, cónsul en Veracruz ata agosto de 1938 (onde desempeñou un importante papel no envío de armas á República), encargado de negocios na República Dominicana. Rematada a guerra civil foi nomeado Embaixador en Guatemala ata 1947. En 1953 foi Embaixador na República de México. En 1955 trasladouse a París como Ministro de Información, Propaganda e Arquivos do goberno que presidía Félix Gordón Ordás. Aquí tivo como secretario particular a Javier Alvajar López.

Morreu en París o 23 de setembro de 1957, cando se estaban realizando os preparativos para o encontro coa súa familia residente en España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Salvador_Etcheverría_Brañas&oldid=4702461"