Salvador García-Bodaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño (AELG)-2.jpg
Nacemento17 de xullo de 1935 (83 anos)
LugarTeis, Vigo, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía, narrativa e ensaio
editar datos en Wikidata ]

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego e membro da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes, os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais.

Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo, colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); en Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudios Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Traductores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia; da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, e a partir do 25 de novembro de 1992 membro numerario da Real Academia Galega, da que foi membro da Directiva.

Mantén unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O caleidoscopio (1992, Contos do Castromil, Ir Indo).
  • Os misterios de Monsieur D´Aillier (1992, Galaxia).
  • O Sinatra (2007, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística).

Ensaio[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea, Madrid).
  • Eu son unha fera, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
  • Eu son unha rocha, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
  • Haruchan, de Anna Gasol e M. Gasol (1988, Onda, Barcelona).
  • Viaxe por Galicia 1837, de George Borrow (1993, Xerais).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Salvador_García-Bodaño&oldid=4995564"