Salvador Mosteiro Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvador Mosteiro Pena
Nacemento24 de febreiro de 1896
 Betanzos
Falecemento11 de maio de 1982
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Salvador Mosteiro Pena, nado en Betanzos o 24 de febreiro de 1896 e finado na Coruña o 11 de maio de 1982, foi un escritor galego.

Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou medicina e odontoloxía en Santiago de Compostela e Madrid. Ampliou estudos en París en 1923. Regresou a Galicia e exerceu a odontoloxía en Lugo e na Coruña. Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Como membro da Irmandade de Betanzos participou na Asemblea Nazonalista de Lugo (1918). Nos anos vinte fundou en Madrid a Mocedade Céltiga con Fermín Penzol. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Buenos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte do comité executivo que organizou a primeira Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala[1], 1933.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Vocabulario das Irmandades da Fala, publicado no Portaldaspalabras.gal o 5 de maio de 2016; inclúe documento PDF co vocabulario dixitalizado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Salvador_Mosteiro_Pena&oldid=4768231"