San José Mogote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa coa zona de cultura olmeca

San José Mogote é unha zona arqueolóxica do estado de Oaxaca, no sueste de México. Localízase a poucos quilómetros ao noroeste de Monte Albán, no val do Etla, a unha altitude de 1610 m.

Historia[editar | editar a fonte]

O sitio mostra evidencias arqueolóxicas de ocupación temperá, probablemente dende a Época Lítica, aínda que o seu maior desenvolvemento aconteceu no Preclásico medio, contemporáneo á cultura olmeca. Polas construcións, é posíbel saber que os seus poboadores xa facían cálculos astronómicos, actividade importante na cultura mesoamericana.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=San_José_Mogote&oldid=4808592"