San Xoán de Laíño, Dodro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Xoán de Laíño
Cruz do Avelán cara o vendaval.JPG
A Cruz de Avelán.
ConcelloDodro
Área17,18 km²
Poboación968 hab. (2013)
Densidade56,34 hab./km²
Entidades de poboación6

San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 968 habitantes (474 homes e 494 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.168 habitantes.

A cruz do Avelán atópase a un quilómetro da igrexa de san Xoán, indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. En Imo está o petróglifo de Bouza Abadín.

Laíño na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Xoán de Laíño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Xoán de Laíño no concello coruñés de Dodro

A Devesa | Bexo | Bustelo | Castro | Imo | Teaio

Parroquias de Dodro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro

Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Teayo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=San_Xoán_de_Laíño,_Dodro&oldid=4808658"