Santa Sé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Escudo do papa Bieito XVI.

A Santa Sé é a expresión con que se alude á posición do papa en canto cabeza suprema da Igrexa católica, en oposición á referencia á Cidade do Vaticano en tanto que Estado soberano, aínda que ambas as realidades están intimamente relacionadas e é un feito que o Vaticano existe como Estado ao servizo da Igrexa.

Características[editar | editar a fonte]

A Santa Sé ten personalidade xurídica propia e é ela, en estrito rigor, a que mantén relaciones diplomáticas cos demais países do mundo. Por iso, os Pactos de Latrán de 1929 que, entre outras materias, deron orixe ao Estado da Cidade do Vaticano, foron celebrados entre a Santa Sé e o entón Reino de Italia do período fascista. Nos organismos da Santa Sé prestan servizo 2.732 persoas, das cales 761 son eclesiásticos, 334 relixiosos e 1637 laicos.[1]

Orixe do termo[editar | editar a fonte]

A alusión ao papa e á súa autoridade como Santa Sé ten a súa orixe na consideración do bispo de Roma como sucesor de san Pedro e cabeza suprema da Igrexa. Nun principio os bispos daquelas igrexas locais que foran fundadas por un dos apóstolos eran aludidos como "sedes apostólicas" pero co tempo este termo foise reservando ao bispo de Roma, en canto sucesor da cabeza do colexio apostólico.

A Santa Sé na doutrina católica[editar | editar a fonte]

A doutrina católica sostén ambos os extremos e predica do papa unha serie de atributos, cales son a supremacía e a plenitude das potestades de réxime (poderes lexislativo, executivo e xudicial) e de maxisterio. Por unha banda, isto implica a supremacía do poder do papa en todas as cuestións referidas ao goberno e disciplina da Igrexa, potestade que ademais é plena e inmediata e que pode exercer sobre todos os pastores e todos os fieis.

Polo outro, significa que a función de ensinar da Igrexa adquire un cariz especial na persoa do romano pontífice, posto que o seu maxisterio ordinario goza dunha consideración especial e posto que é a única persoa que individualmente goza do privilexio da infalibilidade, é dicir, que cando define como revelada por Deus unha determinada doutrina sobre a fe ou a moral está preservado do erro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santa_Sé&oldid=4574160"