Santiago del Estero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 27°47′S 64°16′O / -27.783, -64.267

Santiago del Estero
Escudo Ciudad de Santiago del Estero PNG.png
SDE Montage.jpg
Vistas da cidade.

Santiago del Estero[1][2] é unha cidade do norte da Arxentina, capital da provincia homónima. Atópase nunha vasta chaira, sobre a marxe dereita do río Dulce. A súa poboación é de 230.614 habitantes que, unidos aos da súa área metropolitana, que inclúe a cidade de La Banda, ascende a 327.974 (2001).

Aínda que non foi a primeira cidade que fundaron os españois no territoria da actual Arxentina, si é a máis antiga que logrou sobrevivir, e dela partiron numerosas expedicións que estableceron outros asentamentos.

Posúe interesantes edificios, como a Catedral, o Convento de Santo Domingo e o Museo Arqueolóxico Provincial. É sede de dúas universidades e dunha diocese católica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santiagueño.
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1887. ISBN 9788482893600. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santiago_del_Estero&oldid=5158692"