Santiurde de Toranzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiurde de Toranzo
Santiurde de Toranzo Spain.svg
Localización
Santiurde de Toranzo (Cantabria) Mapa.svg
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCantabria
ComarcaValles Pasiegos
Xeografía
Altitude120 msnm
Superficie36,82 km²
Demografía
Poboación1.512 hab. (2009)
Densidade41,06 hab./km²
Outros datos
Código postal39698
AlcaldeAniceto Pellón Rodríguez (PP) (2007)
www.ayto-santiurde.com

Coordenadas: 43°14′23″N 3°56′16″O / 43.23972, -3.93778 Santiurde de Toranzo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte con Santa María de Cayón, Castañeda e Puente Viesgo, polo sur con Vega de Pas e Luena, polo oeste con Corvera de Toranzo e polo leste con Villafufre e Villacarriedo. Atópase na comarca do Pas-Miera (ou Vales Pasiegos) e polo seu territorio corre o río Pas.

Localidades[editar | editar a fonte]

  • Acereda
  • Bárcena
  • Iruz
  • Pando
  • Penilla
  • San Martín
  • Santiurde de Toranzo (Capital)
  • Vejorís
  • Villasevil

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Dentro do seu patrimonio artístico destacan tres Bens de interese cultural con categoría de monumento:

  • a igrexa de Santa Cecilia de Villasevil, que conserva unha ábsida románica;
  • a igrexa parroquial da Asunción de Acereda;
  • e a Torre de Villegas, en Villasevil.

Tamén hai un Ben de interese local, o Santuario de Nuestra Señora del Soto, en Iruz.

Economía[editar | editar a fonte]

Un 18,7% da poboación activa do municipio emprégase no sector primario, un 20,1% na construción, un 21,9% na industria e un 39,3% no sector terciario. A taxa de actividade é do 43,3% e a taxa de paro é do 11,1%.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
2.037 2.168 2.412 2.358 2.506 2.375 2.189 2.034 1.888 1.856 1.627 1.351
Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 680 57,58 % 5
PRC 249 21,08 % 2
PSOE 236 19,98 % 2
  • Alcalde electo: Aniceto Pellón Rodríguez (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 586 50,65 % 5
PRC 347 29,99 % 3
PSOE 218 18,84 % 1
  • Alcalde electo: Aniceto Pellón Rodríguez (PP).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santiurde_de_Toranzo&oldid=4648789"