Scott Morrison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Scott Morrison
Scott Morrison 2014 crop.jpg
Nome completoScott John Morrison
Nacemento13 de maio de 1968
 Sydney
NacionalidadeAustralia
Alma máterUniversidade de Nova Gales do Sul e Sydney Boys High School
Ocupaciónpolítico
CónxuxeJenny Morrison
editar datos en Wikidata ]

Scott Morrison, nado en Waverley, Nova Gales do Sur o 13 de maio de 1968 é un político australiano, líder do Partido Liberal e primeiro ministro de Australia dende o 24 de agosto de 2018.[1] É membro da Cámara de Representantes dende 2007, representando á división de Cook en Nova Gales do Sur.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Morrison naceu en Waverley, un suburbio de Sydney[2] e estudou Xeografía económica na Universidade de Nova Gales do Sur.[1] Despois de graduarse traballou no turismo, primeiro como director da Oficina de Turismo e Deporte de Nova Zelandia dende 1998 até 2000 e posteriormente converteuse no director da axencia gobernamental de promoción do turismo de Australia dende 2004 até 2006. No tempo entre ambos os postos, foi director do Partido Liberal en Nova Gales do Sur dende 2000 até 2004.[3]

Morrison foi elixido para a Cámara de Representantes nas eleccións federais de Australia de 2007. Trala vitoria da Coalición nas eleccións federais de Australia de 2013, foi designado no gabinete de Tony Abbott como ministro para a Inmigración e Protección de Fronteiras. Logo foi designado ministro de Servizos Sociais a finais de 2014. Cando Malcolm Turnbull substituíu a Abbott como primeiro ministro en setembro de 2015, Morrison foi designado ministro do Tesouro de Australia.[1]

En agosto de 2018, o primeiro ministro Malcolm Turnbull foi desafiado no seu liderado do Partido Liberal polo ministro Peter Dutton, e gañou por 48 votos a 35. As tensións internas no partido continuaron e tras unha declaración de vacancia e en ausencia dunha candidatura de Turnbull, Morrison foi elixido líder o 24 de agosto derrotando a Dutton e a Julie Bishop, e asumiu como primeiro ministro de Australia o mesmo día.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Scott_Morrison&oldid=5081814"