Sebastián Martínez-Risco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sebastián Martínez Risco y Macías")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sebastián Martínez-Risco
Cemiterio de Santo Amaro - Martínez Risco.jpg
Nacemento 19 de xaneiro de 1899
  Ourense
Falecemento 24 de setembro de 1977
  A Coruña
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Zaragoza
Ocupación escritor e xuíz
Xéneros poesía, teatro, romance e ensaio
editar datos en Wikidata ]

Sebastián Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os estudos secundarios en Ourense. Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución do Barco de Valdeorras entre 1932 e 1933 e posteriormente de Vilalba.

Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 co discurso "O sentimento da Xustiza na literatura galega". En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo.

Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre os anos 1960 - 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.[1]

Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.

É o avó da actriz Isabel Risco.


Predecesor:
Manuel Casás Fernández
  Presidente da Real Academia Galega  
1960-1977
Sucesor:
Domingo García-Sabell

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • La Tanza negra, 1943.
  • Trébol poético, 1943.
  • La esquina amada, 1943.
  • 14 nadaliñas, Ediciós do Castro.
  • Do recuncho amado, 1980.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Presencia da lingua galega, 1973.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sebastián_Martínez-Risco&oldid=4777349"