Segunda división española de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Segunda División Española")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segunda División
LaLiga 123.svg
Fundación 1929
Rexión Flag of Spain.svg España
Confederación Flag of Europe.svg UEFA
Equipos 22
Copa Copa do Rei
Ascenso Primeira División
Descenso Segunda División B
Actual campión Rayo Vallecano (1º título)
Máis laureado Real Murcia (8 títulos)
Televisión Movistar Partidazo
Gol
La Liga 123 TV
Organizador Liga de Fútbol Profesional
Sitio web www.lfp.es
Soccerball current event.svgSegunda División 2018–19

A Segunda División de España, oficialmente La Liga 2 e coñecida como La Liga 1|2|3 por razóns de patrocinio, é a segunda categoría da Liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Segunda División B.

En xogo dende a tempada 1928-1929, está organizada pola Liga de Fútbol Profesional, sendo unha das dúas ligas profesionais de fútbol existentes no Estado xunto coa Primeira.

Historia[editar | editar a fonte]

A liga de Segunda División comezou na tempada 1928–29, ao tempo que a Primeira División. Na súa primeira edición participaron os seguintes clubs:

Grupo A Grupo B
(Categoría inferior)

Ao longo dos anos cambiou o número de equipos participantes, así como o formato da competición. En 1934 a categoría dividiuse en varios grupos, unha estrutura que se mantería durante varios anos, ata 1968, cando se recuperou o grupo único que se mantén na actualidade. En 1977 pasou a chamarse oficialmente Segunda División A, pola creación da Segunda División B. Desde 1984 está organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

Nas tempadas 2006–07 e 2007–08 recibiu o nome de Liga BBVA debido ao acordo de patrocinio entre a LFP e o banco BBVA.[1] A partir da tempada 2008–09 esta denominación é a da Primeira División, pasando a chamarse a Segunda División Liga Adelante. En 2007 o Granada 74 compróu a súa praza na categoría ao Ciudad de Murcia, un caso inédito no fútbol español, polo que xogou a tempada 2007-2008 en Segunda División, mentres que o Ciudad de Murcia, tras quedar en 4ª posición na liga, fíxoo en Terceira, categoría na que ocupaba unha praza o seu filial.

Na tempada 2011/12, o Deportivo da Coruña bateu o récord de puntos, ao proclamarse campión con 91.[2] O equipo que máis tempadas militou en Segunda División A é o Real Murcia con 53, sendo ademais o equipo con máis títulos de campión, 9. A Sociedad Deportiva Eibar ten o récord do número de tempadas consecutivas nesta categoría (18 anos), dende 1988 ata 2006. Desde a temporada 2016-17 a liga recibe o nome de LaLiga2.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Posto Clasificación
Ascenso a Primeira División
Promoción de ascenso a Primeira
7º-18º
19º Descenso a Segunda División B
20º
21º
22º

É similar ao sistema da Primeira División. A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os 22 equipos participantes enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha vez en cada campo, ao longo da tempada. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate entre dous equipos nun mesmo partido, hai un punto para ambos.

Ascenso[editar | editar a fonte]

Ao termo da tempada (42 xornadas), o equipo que máis puntos obteña proclámase campión de Segunda División e é ascendido directamente a Primeira División para a próxima tempada, xunto co subcampión.

Tamén ascende o gañador dunha promoción entre o 3º, 4º, 5º e 6º clasificados. O sistema desta promocion é a partidos de ida e volta entre o 3º e o 6º e entre o 4º e 5º, os gañadores desta eliminatoria pasarán a disputar outra eliminatoria a ida e volta de onde saldrá o terceiro equipo que ascenderá. O partido de volta xógase sempre no campo do equipo mellor clasificado durante a liga regular. Tamén en caso de empate nos 90 minutos regulamentarios e na prórroga, clasificarase ou ascenderá o equipo que mellor quede clasificado durante as 42 xornadas da liga regular, sen disputar unha quenda de penaltis.

As vacantes dos tres ascendidos cóbrenas os equipos que terminan nos tres últimos postos de Primeira División.

Descenso[editar | editar a fonte]

Pola súa banda, os catro últimos clasificados de Segunda División A o termo da tempada son relegados a Segunda División B a seguinte tempada, sendo substituídos polos catro gañadores das promocións de ascenso de devandita categoría.

Equipos filiais[editar | editar a fonte]

Un club pode ter un equipo filial en Segunda División se o seu primeiro equipos compite Primeira División. Dado que os segundos equipos non poden xogar en Primeira División, se un filial termina a tempada entre os tres primeiros clasificados, é o cuarto clasificado o que ascende. Así mesmo, se un equipo descende de Primeira a Segunda A e a súa filial milita en devandita categoría, este é automaticamente descendido a Segunda B, aínda que deportivamente logre a permanencia.

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipos participantes na tempada 2018/19[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Estadio
Albacete Castela-A Mancha Albacete Carlos Belmonte
Alcorcón Comunidade de Madrid Alcorcón Santo Domingo
Almería Andalucía Almería Juegos Mediterráneos
Cádiz Andalucía Cádiz Ramón de Carranza
Córdoba Andalucía Córdoba Nuevo Arcángel
Deportivo Galicia A Coruña Riazor
Elche Flag of the Valencian Community (2x3).svg Elx Martínez Valero
Extremadura Estremadura Almendralejo Francisco de la Hera
Gimnàstic Cataluña Tarragona Nou Estadi
Granada Andalucía Granada Nuevo Los Cármenes
Las Palmas Canarias As Palmas de Gran Canaria Gran Canaria
Lugo Galicia Lugo Anxo Carro
Málaga Andalucía Málaga La Rosaleda
Mallorca Illas Baleares Palma Son Moix
Numancia Castela e León Soria Los Pajaritos
Osasuna Navarra Pamplona El Sadar
Oviedo Asturias Oviedo Carlos Tartiere
Rayo Majadahonda Comunidade de Madrid Majadahonda Cerro del Espino
Reus Deportiu Cataluña Reus Camp Nou Municipal
Sporting Asturias Xixón El Molinón
Tenerife Canarias Santa Cruz de Tenerife Heliodoro Rodríguez López
Zaragoza Aragón Zaragoza La Romareda

Historial de tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Outros equipos ascendidos
1928–29 Sevilla (non ascendido) Real Zaragoza (non ascendido)
1929–30 Alavés Sporting de Gijón (non ascendido)
1930–31 Valencia Sevilla (non ascendido)
1931–32 Betis Balompié Oviedo CF (non ascendido)
1932–33 Oviedo CF Atlético de Madrid (non ascendido)
1933–34 Sevilla FC Atlético Madrid
1934–35 Hércules Osasuna
1935–36 Celta de Vigo Zaragoza
193637 Non se disputou
193738 Non se disputou
193839 Non se disputou
1939–40 Real Murcia Deportivo da Coruña (non ascendido)
1940–41 Granada Real Sociedad Castellón e Deportivo da Coruña
1941–42 Real Betis Real Zaragoza
1942–43 Sabadell Real Sociedad
1943–44 Sporting de Gijón Real Murcia
1944–45 Alcoyano Hércules Celta de Vigo
1945–46 Sabadell Deportivo da Coruña
1946–47 Alcoyano Gimnàstic Real Sociedad
1947–48 Real Valladolid Deportivo da Coruña
1948–49 Real Sociedad Málaga
Tempada Campión Grupo Norte Campión Grupo Sur Outros equipos ascendidos
1949–50 Racing de Santander Alcoyano Lleida e Real Murcia
1950–51 Sporting de Gijón Atlético Tetuán Real Zaragoza e Las Palmas
1951–52 Real Oviedo Málaga
1952–53 Osasuna Real Jaén
1953–54 Alavés Las Palmas Hércules e Málaga
1954–55 Cultural Leonesa Real Murcia
1955–56 Osasuna Real Jaén Real Zaragoza e Condal
1956–57 Sporting de Gijón Granada
1957–58 Real Oviedo Real Betis
1958–59 Elche CF Real Valladolid
1959–60 Racing de Santander Mallorca
1960–61 Osasuna Tenerife
1961–62 Deportivo da Coruña Córdoba Real Valladolid e Málaga
1962–63 Pontevedra Real Murcia Levante e Espanyol
1963–64 Deportivo da Coruña Las Palmas
1964–65 Pontevedra Mallorca Sabadell e Málaga
1965–66 Deportivo da Coruña Hércules Granada
1966–67 Real Sociedad Málaga Real Betis
1967–68 Deportivo da Coruña Granada
Tempada Campión Subcampión Outros equipos ascendidos
1968–69 Sevilla Celta de Vigo Mallorca
1969–70 Sporting de Gijón Málaga Espanyol
1970–71 Real Betis Burgos Deportivo da Coruña e Córdoba
1971–72 Real Oviedo Castellón Real Zaragoza
1972–73 Real Murcia Elche Racing de Santander
1973–74 Real Betis Hércules Salamanca
1974–75 Real Oviedo Racing de Santander Sevilla
1975–76 Burgos Celta de Vigo Málaga
1976–77 Sporting de Gijón Cádiz Rayo Vallecano
1977–78 Real Zaragoza Recreativo de Huelva Celta de Vigo
1978–79 AD Almería Málaga Real Betis
1979–80 Real Murcia Real Valladolid Osasuna
1980–81 Castellón Cádiz Racing de Santander
1981–82 Celta de Vigo Salamanca Málaga
1982–83 Real Murcia Cádiz Mallorca
1983–84 Castilla (non ascendido por ser o equipo filial) Bilbao Athletic (non ascendido por ser o equipo filial) Hércules, Racing de Santander e Elche
1984–85 Las Palmas Cádiz Celta de Vigo
1985–86 Real Murcia Sabadell Mallorca
1986–87 Valencia Logroñés Celta de Vigo
1987–88 Málaga Elche Real Oviedo
1988–89 Castellón Rayo Vallecano Mallorca e Tenerife
1989–90 Real Burgos Real Betis Espanyol
1990–91 Albacete Balompié Deportivo da Coruña
1991–92 Celta de Vigo Rayo Vallecano
1992–93 Lleida Real Valladolid Racing de Santander
1993–94 Espanyol Real Betis Compostela
1994–95 Mérida Rayo Vallecano Salamanca
1995–96 Hércules Logroñés Extremadura
1996–97 Mérida Salamanca Mallorca
1997–98 Alavés Extremadura Villarreal
1998–99 Málaga Atlético de Madrid B (non ascendido por ser o equipo filial) Numancia, Sevilla e Rayo Vallecano
1999–00 Las Palmas Osasuna Villarreal
2000–01 Sevilla Real Betis Tenerife
2001–02 Atlético de Madrid Racing de Santander Recreativo
2002–03 Real Murcia Real Zaragoza Albacete Balompié
2003–04 Levante Numancia Getafe
2004–05 Cádiz Celta de Vigo Alavés
2005–06 Recreativo de Huelva Gimnástic Levante
2006–07 Real Valladolid UD Almería Real Murcia
2007–08 Numancia Málaga Sporting de Gijón
2008–09 Xerez Real Zaragoza Tenerife
2009–10 Real Sociedad Hércules Levante
2010–11 Real Betis Rayo Vallecano Granada
2011–12 Deportivo da Coruña Celta de Vigo Real Valladolid
2012–13 Elche Villarreal UD Almería
2013–14 Eibar Deportivo da Coruña Córdoba
2014–15 Real Betis Sporting de Gijón Las Palmas
2015–16 Alavés Leganés Osasuna
2015–16 Alavés Leganés Osasuna
2016–17 Levante Girona Getafe
2017–18 Rayo Vallecano Huesca Valladolid

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Récords da categoría[editar | editar a fonte]

Equipos galegos[editar | editar a fonte]

Un total de 12 equipos galegos pasaron pola Segunda División na súa historia.

Sombreados os equipos galegos participantes na tempada 2018-19.

Posto histórico Equipo Tempadas Mellor posto Última tempada Puntos PX PG PE PP GF GC
15º Deportivo da Coruña 39 2018-19 1382 1202 535 264 403 1842 1510
20º Celta de Vigo 32 2011-12 1293 1032 466 260 306 1629 1142
30º Racing de Ferrol 34 2007-08 1031 1054 366 229 459 1474 1745
56º CD Ourense 13 1998-99 437 454 143 121 190 492 623
65º CD Lugo 7 2018-19 348 290 89 88 113 290 349
67º SD Compostela 7 2002-03 335 282 97 90 95 332 334
69º Pontevedra CF 9 2004-05 328 314 117 84 113 379 372
119º UD Ourensá 3 1951-52 82 92 33 16 43 141 177
121º SX Lucense 3 11º 1951-52 74 92 28 18 46 135 197
148º Deportivo Xuvenil 1 16º 1954-55 20 30 5 10 15 40 85
152º Arousa SC 1 16º 1949-50 17 30 7 3 20 44 84
161º Unión Sporting Club 1 1935-36 7 14 3 1 10 27 52
Actualizado ata a tempada 2017/18 incluída.
PX: Partidos xogados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club Campión[3] Subcampión Anos dos campionatos
Real Murcia C.F. 8 2 1939/40, 1954/55, 1962/63, 1972/73, 1979/80, 1982/83, 1985/86 e 2002/03
Real Betis Balompié 7 5 1931/32, 1941/42, 1957/58, 1970/71, 1973/74, 2010/11 e 2014/15
R. C. Deportivo da Coruña 5 5 1961/62, 1963/64, 1965/66, 1967/68 e 2011/12
Real Sporting de Gijón 5 4 1943/44, 1950/51, 1956/57, 1969/70 e 1976/77
Real Oviedo 5 3 1932/33, 1951/52, 1957/58, 1971/72 e 1974/75
Sevilla F. C. 4 1 1928/29, 1933/34, 1968/69 e 2000/01
U.D. Las Palmas 4 - 1953/54, 1963/64, 1984/85 e 1999/00
Deportivo Alavés 4 - 1929/30, 1953/54, 1997/98 e 2015/16
R. C. Celta de Vigo 3 8 1935/36, 1981/82 e 1991/92
Hércules de Alicante C.F. 3 7 1934/35, 1965/66 e 1995/96
Real Valladolid C.F. 3 4 1947/48, 1958/59 e 2006/07
C.D. Málaga 3 4 1951/52, 1966/67 e 1987/88
Real Sociedad de Fútbol 3 2 1948/49, 1966/67 e 2009/10
C.A. Osasuna 3 2 1952/53, 1955/56 e 1960/61
Granada C.F. 3 1 1940/41, 1956/57 e 1967/68
C.D. Alcoyano 3 - 1944/45, 1946/47 e 1949/50
C.E. Sabadell F. C. 2 5 1942/43 e 1945/46
Real Racing Club de Santander 2 2 1949/50 e 1959/60
Elche C.F. 2 2 1958/59 e 2012/13
Levante U.D. 2 2 2003/04 e 2016/17
C.D. Castellón 2 1 1980/81 e 1988/89
Valencia C.F. 2 - 1930/31 e 1986/87
Real Jaén C.F. 2 - 1952/53 e 1955/56
R.C.D. Mallorca 2 - 1959/60 e 1964/65
Pontevedra C.F. 2 - 1962/63 e 1964/65
C. P. Mérida 2 - 1994/95 e 1996/97
Real Zaragoza 1 5 1977/78
Cádiz C.F. 1 4 2004/05
Rayo Vallecano de Madrid 1 4 2017/18
Club Atlético de Madrid 1 2 2001/02
Club Atlético Tetuán 1 1 1950/51
C.D. Tenerife 1 1 1960/61
Córdoba C.F. 1 1 1961/62
Burgos C.F. 1 1 1975/76
U. E. Lleida 1 1 1992/93
R.C.D. Espanyol 1 1 1993/94
Málaga C.F. 1 1 1998/99
R. C. Recreativo de Huelva 1 1 2005/06
Cultural y Deportiva Leonesa 1 - 1954/55
A.D. Almería 1 - 1978/79
Real Madrid Castilla C.F. 1 - 1983/84
Real Burgos C.F. 1 - 1989/90
Albacete Balompié 1 - 1990/91
C.D. Numancia de Soria 1 - 2007/08
Xerez C.D. 1 - 2008/09
S.D. Eibar 1 - 2013/14
U.D. Salamanca - 3
Club Gimnàstic de Tarragona - 2
C.D. Logroñés - 2
Barakaldo C.F. - 1
Valencia C.F. Mestalla - 1
C.F. Extremadura - 1
Bilbao Athletic - 1
Club Atlético de Madrid B - 1
U.D. Almería - 1
C.D. Puertollano - 1
Club Atlético de Ceuta - 1
C.D. Condal - 1
Getafe C.F. - 1
Iberia S.C. - 1
Villarreal C.F. - 1
C.D. Leganés - 1
Girona F.C. - 1
S.D. Huesca - 1
Club desaparecido

Notas[editar | editar a fonte]

  1. lfp.es - O BBVA e a LFP presentan o seu acordo de colaboración
  2. As, ed. (3 de xuño de 2012). "O Deportivo bate o récord de puntos en Segunda". 
  3. Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation (ed.). "Lista de campeones de Segunda División". Consultado o 11 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Segunda_división_española_de_fútbol&oldid=4916766"