Segunda lingua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A segunda lingua dunha persoa é unha lingua que non é a lingua nativa do falante, mais que é utilizado no eido habitual daquela persoa. En contraste, unha lingua estranxeira é unha lingua que é aprendida nunha área onde non é xeralmente falada pola comunidade. Algunhas linguas, a miúdo chamadas linguas auxiliares, como o inglés, son empregadas como segundas linguas ou lingua francas.

Máis informalmente, pode considerarse unha segunda lingua como calquera lingua aprendida alén da lingua nativa, especialmente no contexto de segunda adquisición de lingua (é dicir, aprender unha lingua estranxeira nova).

A primeira lingua dunha persoa non é necesariamente a súa lingua dominante, a que máis utiliza ou a que se sinte máis cómodo. Por exemplo, o censo canadense define primeira lingua para os seus propósitos como "a primeira lingua aprendida en infancia e aínda falada", recoñecendo que para algúns, a lingua máis temperá pode ser perdida. Isto pode suceder cando os nenos se trasladan, con ou sen a súa familia (por mor da inmigración ou da adopción internacional), a un ambiente de lingua novo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Segunda_lingua&oldid=4569958"