Selim I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Selim I
Yavuz Sultan I. Selim Han.jpg
Nacemento c. 10 de outubro de 1470
  Amasia
Falecemento 22 de setembro de 1520
  Çorlu
Causa cancro
Soterrado Yavuz Selim Mosque
Nacionalidade Imperio Otomán
Relixión Islam
Ocupación gobernante
Pai Bayezid II
Nai Gülbahar Sultan
Cónxuxe Ayşe Hatun II e Hafsa Sultan
Fillos Suleiman I, Hatice Sultan, Şah Sultan, Beyhan Sultan, Hafsa Sultan, Fatma Sultan e Şehzade Sultan
Irmáns Şehzade Korkut, Şehzade Ahmet e Ayşe Sultan
editar datos en Wikidata ]
Selim I

Selim I (Otomán: سليم الأول, Turco:I.Selim), nado o 10 de outubro de 1465 e finado o 22 de setembro de 1520, foi o sultán do Imperio Otomán entre 1512 e 1520.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Destronou ao seu pai Bayezid II en 1512. Durante os dous anos seguintes dedicouse a eliminar a todos os membros da dinastía real que puidesen ter pretensións ao trono. Unha vez afortalado no interior dirixiu as súas miradas cara á dinastía dos safavís, que establecera en Persia un estado xíi que ameazaba a autoridade do sultán ao estender os predicadores o xiísmo en Anatolia. Selim proclamou a guerra santa, en abril de 1514 á fronte de 100.000 soldados comezou a súa campaña contra Irán, o xa Ismaíl I quen primeiro se retira cara o interior e logo enfróntase na batalla de Chaldiran que deu a vitoria a Selim e continuando o seu avance entrou en Tabriz. En 1516 Selim emprendeu unha nova campaña cara o leste, cruzou o Éufrates e dirixiuse cara ao sur e na batalla de Marj Dabiq venceu aos mamelucos, Siria caeu e en outubro cruzou o Sinaí e en xaneiro venceu de novo aos mamelucos nas batalla de Ridanieh, era a fin do Imperio dos mamelucos e Selim pasou a ser recoñecido como o servidor dos Santos Santuarios Medina a A Meca e protector do Islam. Selim estendeu o territorio do imperio dos 2.500.000 km² aos 6.500.000 e o control das cidades santas aseguráballe o predominio no mundo islámico. Á súa volta de Exipto Selim morreu cando preparaba unha nova campaña militar.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Selim_I&oldid=4923977"