Sem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sem
Shem02.jpg
Nacemento2568 a. C. e 2203 a. C.
Falecemento1603 a. C.
PaiNoé
FillosElão bíblico, Assur, Arpachade, Lud e Aram
IrmánsCam e Jafé
editar datos en Wikidata ]
Sem, Cam e Xafet

Sem (árabe: سام Sām; hebraico שֵׁם Shem, Šēm ; literalmente nome; renome e por extensión prosperidade, sona) foi un dos tres fillos de Noé e irmán máis vello de Cam e Xafet. Salvouse do Diluvio xunto aos seus irmáns e o seu pai, que á hora do Gran Diluvio tiña 600 anos.

Os xudeus considérano unha figura histórica, do cal eles mesmos serían descendentes, igual que moitos outros pobos, por exemplo os árabes.

O que se mencione primeiro a Sem, en Xénese 5:32, non é en si mesmo unha indicación definitiva de que fose o primoxénito de Noé. Cando Sem procreou ao seu fillo Arfaxad, tiña 100 anos de idade e isto ocorreu 2 anos despois do Diluvio.[1] Se o Diluvio foi no ano 600 da vida de Noé, entón Sem tiña 98 anos de idade e polo tanto, Xafet foi o primeiro.[2] En Xénese 10:21 lese: “Tamén lle naceron fillos a Sem, pai de todos os fillos de Heber e irmán máis vello de Xafet.” Esta é a tradución que adoita darse na versión Reina-Valera (edición de 1909); con todo, ao verter directamente do hebreo ao español (e de aí ao galego), o cal é sostido polos xudeus e hebraístas, nese verso realmente lese: “E a Sem nacéronlle [fillos] tamén a el, [que era] pai de todos os fillos de Éber, e irmán de Xafet, o máis vello.” Isto confirma que Xafet era o maior.[3]

Outro fillo de Sem foi Elam ―en Xénese 5:32 e 10:22― que lendariamente puido ser o fundador do reino de Elam.

Disque as culturas semíticas son as provenientes dos descendentes de Sem.

É mencionado en Xénese 5:32, 6:10; 7:13; 9:18,23,26-27; 10; 11:10; tamén en 1 Crónicas 1:4 e no Evanxeo segundo Lucas 3:36

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estas son as xeracións de Sem: Sem, de idade de cen anos, enxendrou a Arfaxad, dous anos despois do Diluvio.
  2. Era Noé de seiscentos anos cando o Diluvio das augas véu sobre a terra.
  3. Oscar Mata Sosa, Más Allá del Diluvio
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sem&oldid=5013918"