Sempre en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Este artigo trata sobre o programa de radio, para o artigo sobre o libro de Castelao véxase Sempre en Galiza.

Sempre en Galicia é un programa de radio en lingua galega realizado en Uruguai, emitido por Radio Oriental os domingos das 9:00 ás 10:00 da mañá (hora de Uruguai). É o programa decano en lingua galega, a primeira transmisión realizouse o 3 de setembro de 1950 e durante moitos anos foi o único programa realizado en galego.

Nace en 1950 por iniciativa de oito galegos residentes no Uruguai: Manuel Meilán, Lois Tobío Fernández, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xesús Canabal, Emilio Pita, Manuel Leiras e Alfredo Somoza. A continuidade e o grao de implicación dos seus promotores sería desigual. Colaborarán nela persoas como Marisa Barrio, Cristina Samuelle ou Iolanda Díaz Gallego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sempre_en_Galicia&oldid=4378049"