Senén Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Senén Barro
Senen-barro-ameneiro.jpg
Nacemento21 de novembro de 1962
 As Pontes de García Rodríguez
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Senén Barro Ameneiro, nado o 21 de novembro de 1962 nas Pontes de García Rodríguez é un físico e profesor universitario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo a licenciatura e doutoramento en Física pola USC. Na actualidade é catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial dende 1995.

Foi director do Departamento de Electrónica e Computación da USC entre 1993 e 2002. Tamén desempeñou a función de Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, asumindo o cargo o 17 de xuño de 2002 e sendo relevado por Juan Casares Long no ano 2010.

Na actualidade é investigador colaborador e investigador responsabel de numerosos proxectos e contratos de investigación, internacionais na Unión Europea, estatais e nacionais.

Realizou estancias de investigación no Royal Free Hospital, Department of Medical Informatics, en Londres, Universidade de Maryland, Electrical Engineering Department, EUA, Universidade de California, Berkeley, Department of Electrical Engineering and Computer Sciences, EUA, Universidade de Bristol, Department of Engineering Mathematics, Gran Bretaña.


Predecesor:
Darío Villanueva
 USClogotipo.gif
Reitor da Universidade de Santiago
 
2002 - 2010
Sucesor:
Juan Casares Long

Principais obras[editar | editar a fonte]

Coautor das seguintes publicacións

  • Estudios de Lógica Borrosa y sus Aplicaciones
  • Computación Neuronal
  • Advances in Fuzzy Logic
  • Fuzzy Logic in Medicine
  • Fronteras de la computación

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Senén_Barro&oldid=4909573"