Senén Canido Pardo
Senén Canido Pardo | |
---|---|
Nacemento | 1847 |
Pontevedra | |
Falecemento | 27 de agosto de 1929 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Senén Canido Pardo, nado en Pontevedra en 1847 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1929, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Trasladouse a Madrid e entrou ao servizo de Saturnino Álvarez Bugallal como axuda de cámara. Alí estudou a carreira de Dereito e fíxose avogado, traballando no bufete de Bugallal. Con el iniciou a carreira política no Partido Conservador. Foi deputado polos distritos de Xinzo de Limia (1884-1886), Bande (1886-1890) e Celanova (de 1891 a 1920). En 1893 fundou en Ourense o periódico El Noticiero como voceiro e defensor da súa política. Foi maxistrado do Tribunal Supremo, presidente do Tribunal de Contas e senador (1919-1920).
Foi pai do escritor Emilio Carrere.