Sentimentalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non confundir co Sentimentalismo (movemento galego)
Frontispicio de Fanny und Julia (1801), de Sophie de La Roche.

O sentimentalismo é unha corrente de pensamento que prioriza os sentimentos por diante do intelecto e que foi desenvolvido no século XVIII como reacción ao racionalismo da Ilustración.

Historia e características[editar | editar a fonte]

No ámbito da literatura, foi un movemento precursor do Romanticismo, que influíu fortemente en autores como François-René de Chateaubriand; entre as novelas sentimentalistas adoitan encadrarse as británicas Pamela (1740) de Samuel Richardson e Sense and Sensibility de Jane Austen. No teatro está vencellado ao melodrama.[1]

Conviviu co pietismo, movemento fundado por Philipp Jakob Spener que tivo especial significación en Alemaña. Na orixe, abordada sobre todo textos de temática relixiosa[Cómpre referencia]. Pouco e pouco introduciu outros temas, a miúdo moralizantes, que foron desprazando os eclesiásticos i relixiosos.

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Entre os teóricos do sentimentalisme destaca Jean-Baptiste Dubos. Entre os poetas sentimentalistas destacados Friedrich Gottlieb Klopstock (1724-1803), Christian Fürchtegott Gellert (1715-1769), Johann Timotheus Hermes (1738-1821) ou Sophie de La Roche (1730-1807).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gustavo Quiroz, Hacia una teoría de la significación: El caso del melodrama, Universidad Nacional Autónoma de México, 1980 (en castelán).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sentimentalismo&oldid=4933129"