Series Mundiais de Tríatlon 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Series Mundiais de Tríatlon 2019
Series Mundiais de Tríatlon 2019
Liga Series Mundiais de Tríatlon
Deporte Tríatlon
Duración 8 de marzo - 1 de setembro
Series Masculinas
Campión -
Series Femininas
Campión -
Tempadas das Series Mundiais
← 2018

2020 →

As Series Mundiais de Tríatlon 2019 son a 11ª edición do Campionato do mundo de tríatlon, a máxima competición internacional de tríatlon, dende o seu establecemento en 2009.

Está organizada pola Unión Internacional de Tríatlon e consiste en oito pares de carreiras de tríatlon, en categorías masculina e feminina, comezando o 8 de marzo en Abu Zabi, e concluíndo o 1 de setembro coa gran final en Lausana, Suíza.[1][2] A edición tamén conta con catro carreiras de relevos mixtos das Series de Relevos Mixtos, que ofrece puntos aos equipos nacionais que se cualifiquen, para o a proba de relevos mixtos dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Mario Mola e Vicky Holland comezaron a tempada defendendo o título logrado na edición de 2018.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Calendario[editar | editar a fonte]

As Series Mundiais de Tríatlon 2019 visitarán dez cidades, incluíndo unha carreira de proba no circuito de relevos dos Xogos Olímpicos de 2020 como parte das Series Mundiais de Relevos Mixtos.[3][4]

Sistema de puntos[editar | editar a fonte]

Por cada carreira que un triatleta finaliza outórganse puntos baseándose na posición na que se cruza a liña de meta. Por unha victoria nunha proba normal das series mundiais recíbense 1000 puntos e por cada posto seguinte un 7.5% menos, para os primeiros corenta triatletas. Na gran final, o premio para o gañador son 1200 puntos e unha vez máis decrecendo un 7.5% por cada posto, pero neste caso os puntos alcanzan ata o posto 50.º. Con todo, calquera triatleta fóra do tempo de corte non recibirá puntos mesmo se acaba en posición de puntos, o tempo de corte calcúlase engadindo un 5% ao tempo do gañador na proba masculina e un 8% na feminina.

A puntuación final de cada triatleta é a suma dos seus puntos na gran final e nas súas cinco mellores carreiras dese ano.[5][6]

Series[editar | editar a fonte]

Abu Zabi[editar | editar a fonte]

O porto de Yas Marina alberga a proba de natación antes da de ciclismo no circuito de Fórmula 1.

As series de 2019 empezaron cunha carreira de distancia sprint en Abu Zabi dentro e ao redor do porto da illa Yas. Era a 10ª vez que a carreira se celebraba alí e a 5ª vez que se realizaba unha carreira de distancia sprint. O percorrido de natación foi realizado no porto con voltas de 750 metros, antes da transición a fóra do circuito de Yas Marina. Despois os atletas deron cinco voltas en bicicleta a un percorrido de 4 km ao longo do circuito de Fórmula 1. Despois da sección de bicicleta, os competidores procederon a completar dúas voltas dun circuito de 2.5 km circuíto corrido sobre parte da pista de F1 e parte do porto antes de acabar o tríatlon na Marina.[5]

Participaron os dous defensores do título, Mario Mola e Vicky Holland, así como a maior parte dos dez mellores atletas do ano anterior na clasificación final.[7] Tamén competiu o debutante Alex Yee, que gañara a carreira máis recente da Copa do Mundo en Cidade do Cabo.[8]

Na carreira feminina apareceu unha pequena división na proba de natación que se agrandou no segmento ciclista, de tal xeito que á metade do percorrido de bicicleta estableceuse unha fuga de sete atletas. O grupo incluía ás americanas Zaferes, Spivey e Knibb, xunto con Learmonth do Reino Unido. As fugadas aproveitaron a súa vantaxe de xeito que lle sacaban un minuto ás perseguidoras cando chegaron á segunda transición. Zaferes foi a primeira en chegar ao segmento a pé e liderou o resto da carreira, aumentando a vantaxe sobre as demais para chegar soa á meta. Spivey chegou soa, entre o primeiro posto e a batalla polo terceiro, que foi disputado ao sprint por Knibb e Learmonth, gañándoo esta última.[9][10][11]

No lado masculino, a división apareceu na natación pero ao longo de toda a sección de bicicleta, todo o pelotón foise reagrupando lentamente, de modo que todos os competidores fixeron a última transición ao mesmo tempo. Hayden Wilde, de Nova Zelandia, intentou inicialmente crear un oco na carreira a pé, pero pronto foi alcanzado por Yee e Mola. A parella mantívose unida e liderando ata que, a 500 metros de distancia, Mola aumentou o ritmo para chegar primeiro seguido de Yee. O terceiro en cruzar a liña de meta foi o talaverano Fernando Alarza.[10][12][13]

Resultados[editar | editar a fonte]

Resumo de medallas[editar | editar a fonte]

Homes[editar | editar a fonte]

Proba Ouro Prata Bronce
Flag of the United Arab Emirates.svg Abu Zabi [14] España Mario Mola Flag of the United Kingdom.svg Alex Yee España Fernando Alarza
Flag of Bermuda.svg Bermudas [15] Francia Dorian Coninx Galicia Javier Gómez Noya Flag of Norway.svg Gustav Iden
Flag of Japan.svg Iocoama[16] Francia Vincent Luis Flag of South Africa.svg Henri Schoeman Hungría Bence Bicsák
Flag of the United Kingdom.svg Leeds[17] Australia Jacob Birtwhistle Flag of the United States.svg Matthew McElroy Galicia Javier Gómez Noya
Flag of Canada.svg Montreal[18] Bélxica Jelle Geens España Mario Mola Flag of Canada.svg Tyler Mislawchuk
Alemaña Hamburgo[19] Australia Jacob Birtwhistle Francia Vincent Luis Bélxica Jelle Geens
Flag of Canada.svg Edmonton[20] Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Brownlee España Mario Mola Bélxica Marten Van Riel
Suíza Lausana

Mulleres[editar | editar a fonte]

Proba Ouro Prata Bronce
Flag of the United Arab Emirates.svg Abu Zabi [21] Flag of the United States.svg Katie Zaferes Flag of the United States.svg Taylor Spivey Flag of the United Kingdom.svg Jessica Learmonth
Flag of Bermuda.svg Bermudas [22] Flag of the United States.svg Katie Zaferes Flag of the United Kingdom.svg Jessica Learmonth Flag of Canada.svg Joanna Brown
Flag of Japan.svg Iocoama[23] Flag of the United States.svg Katie Zaferes Flag of the United States.svg Summer Rappaport Flag of the United States.svg Taylor Spivey
Flag of the United Kingdom.svg Leeds[24] Flag of the United Kingdom.svg Georgia Taylor-Brown Flag of the United States.svg Katie Zaferes Flag of the United Kingdom.svg Jessica Learmonth
Flag of Canada.svg Montreal[25] Flag of the United States.svg Katie Zaferes Flag of the United Kingdom.svg Georgia Taylor-Brown Flag of the United Kingdom.svg Jessica Learmonth
Alemaña Hamburgo[26] Flag of the United Kingdom.svg Non Stanford Francia Cassandre Beaugrand Flag of the United States.svg Summer Rappaport
Flag of Canada.svg Edmonton[27] Australia Emma Jackson Flag of the United States.svg Summer Rappaport Australia Ashleigh Gentle
Suíza Lausana

Relevos mixtos[editar | editar a fonte]

Proba Ouro Prata Bronce
Flag of the United Arab Emirates.svg Abu Zabi [28] Australia Australia
Ashleigh Gentle
Luke Willian
Emma Jeffcoat
Jacob Birtwhistle
Estados Unidos de América Estados Unidos
Taylor Spivey
Ben Kanute
Katie Zaferes
Eli Hemming
Nova Zelandia Nova Zelandia
Ainsley Thorpe
Sam Ward
Sophie Corbidge
Hayden Wilde
Flag of the United Kingdom.svg Nottingham[29] Reino Unido Reino Unido

Georgia Taylor-Brown

Ben Dijkstra

Sophie Coldwell

Alex Yee

Suíza Suíza

Jolanda Annen

Max Studer

Alissa König

Adrien Briffod

Flag of France.svgFrancia

Émilie Morier

Dorian Coninx

Léonie Périault

Pierre Le Corre

Alemaña Hamburgo[30] Flag of France.svgFrancia

Émilie Morier

Léo Bergère

Cassandre Beaugrand

Vincent Luis

Alemaña Alemaña

Laura Lindemann

Valentin Wernz

Nina Eim

Justus Nieschlag

Australia Australia

Natalie Van Coevorden

Aaron Royle

Emma Jeffcoat

Jacob Birtwhistle

Flag of Canada.svg Edmonton[31] Nova Zelandia Nova Zelandia

Ainsley Thorpe

Tayler Reid

Nicole van der Kaay

Hayden Wilde

Reino Unido Reino Unido

Sophie Coldwell

Jonathan Brownlee

India Lee

Gordon Benson

Estados Unidos de América Estados Unidos

Summer Rappaport

Seth Rider

Taylor Knibb

Morgan Pearson

Flag of Japan.svg Toquio

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

Homes[32][editar | editar a fonte]

Posto Nome Probas disputadas Puntos
1 Francia Vincent Luis 5 4.180
2 España Mario Mola 5 3.783
3 Galicia Javier Gómez Noya 5 3.687
4 España Fernando Alarza 5 3.325
5 Australia Jacob Birtwhistle 5 3.255
6 Bélxica Marten Van Riel 5 2.989
7 Flag of South Africa.svg Henri Schoeman 5 2.905
8 Francia Léo Bergere 5 2.512
9 Flag of New Zealand.svg Hayden Wilde 4 2.485
10 Bélxica Jelle Geens 5 2.438

Mulleres[33][editar | editar a fonte]

Posto Nome Probas disputadas Puntos
1 Flag of the United States.svg Katie Zaferes 5 4.925
2 Flag of the United Kingdom.svg Jessica Learmonth 5 4.170
3 Flag of the United Kingdom.svg Georgia Taylor-Brown 5 4.121
4 Flag of the United States.svg Taylor Spivey 5 3.981
5 Flag of the United Kingdom.svg Non Stanford 5 3.435
6 Flag of the United States.svg Summer Rappaport 5 3.201
7 Flag of the Netherlands.svg Rachel Klamer 5 2.597
8 Flag of Canada.svg Joanna Brown 5 2.319
9 Francia Cassandre Beaugrand 4 2.189
10 Bélxica Claire Michel 5 2.117

Relevos Mixtos[34][editar | editar a fonte]

Posto País Puntos
1 Australia Australia 3.074,84
2 Flag of France.svgFrancia 3.056,73
3 Nova Zelandia Nova Zelandia 2.836,98
4 Estados Unidos de América Estados Unidos 2.759,01
5 Alemaña Alemaña 2.574,49
6 Reino Unido Reino Unido 2.532,19
7 Países Baixos Países Baixos 2.192,88
8 Suíza Suíza 2.144,21
9 Flag of Canada.svgCanadá 2.135,06
10 España España 1.971,47

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ITU announces the 2019 World Triathlon Series Calendar" (en inglés). 6 de xullo de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  2. "ITU announces World Cup, Mixed Relay Series and Paratriathlon calendars for 2019" (en inglés). 12 de setembro de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  3. "ITU announces the 2019 World Triathlon Series Calendar" (en inglés). 8 de xullo de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  4. "ITU announces World Cup, Mixed Relay Series and Paratriathlon calendars for 2019" (en inglés). 12 de setembro de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  5. 5,05,1 "Guía das Series Mundiais 2019" (PDF) (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  6. "ITU World Triathlon Series Ranking" (PDF) (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  7. "Holland begins title defence at WTS Abu Dhabi as Zaferes eyes strong start to 2019" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  8. "World’s best line up for men’s WTS season-opener in Abu Dhabi" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  9. "Zaferes Golden, Spivey Takes Silver at ITU World Triathlon Series Opener in Abu Dhabi" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  10. 10,010,1 "Silver and bronze for Britain as curtain rises on 2019 ITU World Triathlon Series" (en inglés). 8 de mazo de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  11. "Katie Zaferes powers to WTS Abu Dhabi gold as world title hunt begins in UAE" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  12. "Espectacular doblete! Mario Mola primero y Fernando Alarza tercero en Abu Dhabi" (en castelán). 8 de marzo de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  13. "Exhibición de Mario Mola en Abu Dabi". 8 de marzo de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  14. Union, International Triathlon. "Results: Elite Men | 2019 Daman World Triathlon Abu Dhabi". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-03-08. 
  15. Union, International Triathlon. "Results: Elite Men | 2019 Daman World Triathlon Bermuda". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-04-27. 
  16. "Resultados de Iocoama (Elite feminino)" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2019. 
  17. "Resultados de Leeds 2019" (en inglés). 9 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  18. "Resultados de Hamburgo 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  19. Birthwistle se impone en Hamburgo (RTVE.es) (en castelán). 6 de xullo de 2019. 
  20. "Resultados Edmonton 2019 (Masculino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  21. Union, International Triathlon. "Results: Elite Women | 2019 Daman World Triathlon Abu Dhabi". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-03-08. 
  22. Union, International Triathlon. "Results: Elite Women | 2019 Daman World Triathlon Bermuda". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-04-27. 
  23. "Resultados de Iocoama (Elite feminino)" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2019. 
  24. "Resultados femininos Leeds 2019" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  25. "Resultados Montreal 2019 (Feminino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  26. "Resultados Hamburgo 2019 (Feminino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  27. "Resultados Edmonton 2019 (Feminino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  28. Union, International Triathlon. "Results: Mixed Relay | 2019 Daman World Triathlon Mixed Relay Series Abu Dhabi". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-03-10. 
  29. "Resultados Relevos Mixtos Nottingham 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  30. "Resultados Relevos Mixtos Hamburgo 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  31. "Resultados dos Relevos Mixtos Edmonton 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  32. "Clasificación masculina" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  33. "Clasificación feminina" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  34. "Clasificación Relevos Mixtos". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Series_Mundiais_de_Tríatlon_2019&oldid=5213615"