Severino Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Severino Domínguez Rey")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Severino Domínguez
Nacemento 5 de marzo de 1915
  Sanxenxo
Falecemento 11 de xaneiro de 2018
  Pontevedra
Nacionalidade España
Ocupación sindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Severino Domínguez Rey, coñecido como Pepillo, nado en Sanxenxo o 5 de marzo de 1915 e finado en Pontevedra o 11 de xaneiro de 2018, [1] foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. Foi vicepresidente da Unión Agraria e Mariñeira de Portonovo afecta á CNT e secretario xeral do PCE en Sanxenxo, tamén era responsable do Socorro Rojo e dirixente das milicias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e ingresado no cárcere de Cambados; sen procesamento xudicial pasou por varias cadeas e batallóns de traballadores en Galicia e España ate 1940. Foi xulgado en Ferrol por deserción resultando con sobresemento definitivo. En 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, foi novamente detido e torturado pola súa actividade política clandestina. Foi acusado de difundir propaganda clandestina e exemplares de Mundo Obrero e El Guerrillero. Foi sometido a un novo consello de guerra e condenado a dous anos en prisión por un delito equiparado ao de rebelión militar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Severino_Domínguez&oldid=4618515"