Sheldon Lee Glashow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sheldon Lee Glashow
Nobel prize medal.svg
Sheldon Glashow at Harvard.jpg
Sheldon Glashow na Universidade Harvard.
Datos persoais
Nacemento 5 de decembro de 1932
Lugar Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América
Actividade
Campo
  • Física
  • Director de tese Julian Schwinger
    Contribucións e premios
    Premios Premio Nobel de Física o 1979
    editar datos en Wikidata ]

    Sheldon Lee Glashow, nado en Nova York en 1932, é un físico e catedrático norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1979.

    Biografía[editar | editar a fonte]

    Naceu o 5 de decembro de 1932 na vila de Nova York, fillo de inmigrantes rusos de tradición xudía[1]. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Steven Weinberg, e posteriormente licenciouse en Física no ano 1954 na Universidade Cornell. En 1959 conseguiu o doutoramento na Universidade Harvard baixo a supervisión de Julian Schwinger, e ampliou os seus estudos no Instituto Niels Bohr de Copenhague, o CERN e no Instituto Tecnolóxico de California.

    Entre 1982 e 1984 Glashow foi profesor de física na Universidade de Houston, e desde aquel ano é o da Universidade de Boston.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Xunto a Steven Weinberg e Abdus Salam desenvolveu a teoría da interacción electrodébil pola cal o electromagnetismo e a Interacción nuclear débil son, baixo certas condicións, unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns.

    En 1979 Glashow, xunto con Steven Weinberg e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.

    Posteriormente estudou a relación materia/antimateria, os neutrinos e realizou tamén varios tests de comprobación da relatividade especial descrita por Albert Einstein. Así mesmo destaca por ser un dos científicos máis escépticos da teoría das supercordas, que intenta explicar á vez todas as partículas subatómicas existentes e unificar todas as forzas da natureza.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sheldon_Lee_Glashow&oldid=4690419"