Illas Shetland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Shetland")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira das Illas Shetland
Mapa das Illas Shetland

As illas Shetland son un grupo de illas do océano Atlántico setentrional situadas entres as illas Feroe, ao suroeste de Noruega e Gran Bretaña. Lixeiramente por enriba dos 60ºN de latitude, representan o extremo setentrional do Mar do Norte. Administrativamente constiúen un dos 32 condados de Escocia.

As illas teñen un total de 1469 km², cunha poboación duns 22.000 habitantes, dos cales uns 7.000 viven en Lerwick, a capital.

O clima é húmido e fresco (aínda que suavizado pola influencia da corrente do Golfo). Lerwick acumula 1.140 mm en 181 días de precipitación ao ano. As temperaturas, moi constantes ao longo do ano (debido á latitude) son de 7 °C de media, con 12 °C en xullo e agosto e 3 °C en xaneiro e febreiro.

Historia e cultura[editar | editar a fonte]

Despois de seren colonizadas polos escandinavos e formar parte de Noruega durante toda a Idade Media, as illas pasaron á coroa escocesa o 20 de febreiro de 1472. Durante a Segunda Guerra Mundial barcas procedentes das Shetland, coñecidas como "Shetland bus", proporcionaron axuda á Noruega ocupada, e evacuaron fuxitivos.

Como lingua da poboación, o antigo norn foi substituído por un dialecto insular do scots chamado shetlándico, que á súa vez está sendo substituído polo inglés.

Xeografía e xeoloxía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista das illas Shetland.

As Shetland están aproximadamente a 170 km. ao norte de Escocia, ten unha superficie de 1.468 km² e ten unha costa de 2.702 km. de longo. Das aproximadamente 100 illas, só 16 están habitadas. A illa principal do grupo é coñecida como Mainland. As outras illas habitadas son: Bressay, East Burra, West Burra, Fetlar, Muckle Roe, Papa Stour, Trondra, Vaila, Unst, Whalsay, Yell no grupo de illas principal das Shetland, ademais Foula ao suroeste, Fair Isle ao sur, e Housay e Bruray no arquipelago de Out Skerries cara ao este .

As illas deshabitadas inclúen Out Stack, o punto máis setentrional das Illas Británicas e Mousa coñecida polo Broch de Mousa, unha torre redonda da Idade de Ferro. Que é o mellor exemplo conservado en Escocia.

A xeoloxía das Illas Shetland é complexa, con numerosas fallas e pliegues. Gran parte da economía das Illas Shetland depende dos sedimentos que conteñen petróleo nos mares circundantes.

Economía[editar | editar a fonte]

A pesca e a gandaría perderon peso ante a explotación do petróleo e o gas natural dos xacementos próximos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_Shetland&oldid=4656584"