Sibilante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dise sibilante da realización ou fonema fricativo con punto de articulación entre alveolar e palatal. Entre os existentes no galego están os que se escriben destes xeitos:

  • o "s" de sega, fricativo alveolar xordo;
  • o "x" de xoia, fricativo prepalatal xordo;

En portugués e francés existen os seus homólogos sonoros:

  • o "z" de zebra, fricativo alveolar sonoro;
  • o "j" de juri, fricativo prepalatal sonoro;

Existen máis e debido ó seu comportamento conxunto nos sistemas fonolóxicos reciben este nome colectivo. En galego, a realización sibilante coma fricativa alveolar xorda do fonema interdental xordo recibe o nome de seseo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sibilante&oldid=974724"