Sigüeiro, Oroso, Oroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°58′08″N 08°26′34″O / 42.96889, -8.44278

Sigüeiro
Sigueiro Oroso Galiza 1.jpg
Casa consistorial de Oroso
ParroquiaOroso
ConcelloOroso
Poboación3.757 hab. (2014)

Sigüeiro é unha vila da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso. Segundo o IGE en 2014 tiña 3757 habitantes (1867 homes e 1890 mulleres)[1]. É a capital administrativa do concello.

Historia[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2005 existían oficialmente dous lugares co nome de Sigüeiro nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. O Decreto 25/2005 do 3 de febreiro (DOG nº 34 do 18 de febreiro)[2] incorporou o lugar do concello de Santiago ao concello de Oroso xa que, como se recolle en dito decreto, "na actualidade Sigüeiro se configura como un único núcleo urbano, integrado por Sigüeiro de Oroso e Sigüeiro de Santiago de Compostela". Paradoxalmente, no nomenclátor da Xunta de Galicia seguen a aparecer en 2015 ambos lugares en cadanseu concello, feito que está en contradición co Decreto anteriormente nomeado.

Sigüeiro pertence á parroquia da Barciela cuxo territorio se reparte entre os concellos de Oroso e Santiago de Compostela.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O número total de habitantes é a suma dos correspondentes aos dous lugares que aparecen no nomenclátor do IGE con este nome nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. Véxase: IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades". 
  2. DOG (ed.). "DECRETO 25/2005, do 3 de febreiro, polo que se resolve o expediente de segregación-agregación entre os termos municipais de Santiago de Compostela-Oroso". 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Oroso[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Oroso no concello de Oroso (A Coruña)

O Alto de Vilanova | O Barreiro | O Cruceiro | A Estación de Oroso | A Foca | A Igrexa | Os Mariñaos | Oroso Pequeno | A Pena | Os Riás | San Martiño | Sigüeiro | A Ulloa | Vilacide de Abaixo | Vilacide de Arriba | Vilalbarro | Vilanova


Parroquias de Oroso[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oroso

Os Ánxeles (San Mamede) | Calvente (San Xoán) | Cardama (Santa María) | Deixebre (Santa María) | A Gándara (San Miguel) | Marzoa (San Martiño) | Oroso (San Martiño) | Pasarelos (San Román) | Senra (Santa Eulalia) | Trasmonte (Santo Estevo) | Vilarromarís (San Tomé)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sigüeiro,_Oroso,_Oroso&oldid=4654078"