Silvana Mangano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Silvana Mangano
Riso amaro 1949 silvana mangano.JPG
Silvana Mangano en Riso amaro (1949).
Nome completoSilvana Mangano
Nacemento21 de abril de 1930
LugarRoma, Italia
Falecemento16 de decembro de 1989 (59 anos)
LugarMadrid, España
CausaCancro de pulmón
NacionalidadeItalia Italia
Cónxuxe(s)Dino De Laurentiis
(1949-1988)
FillosVeronica
Raffaella
Francesca
Federico
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Silvana Mangano ([silˈvana ˈmaŋɡano]), nada en Roma o 21 de abril de 1930[1] e finada en Madrid o 16 de decembro de 1989 foi unha actriz italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Roma, de pai italiano e nai inglesa (Ivy Webb, de Croydon), Mangano viviu na pobreza provocada pola Segunda Guerra Mundial. Adestrada durante sete anos como bailarina, traballou tamén como modelo.

En 1946 gañou o concurso de beleza de "Miss Roma", a través do que logrou un papel nun filme de Mario Costa. Ao ano seguinte participou no concurso de Miss Italia, que gañou Lucia Bosè e no que tamén participaron futuras estrelas como Gina Lollobrigida, Eleonora Rossi Drago e Gianna Maria Canale.

A súa relación co actor Marcello Mastroianni levouna a conseguir un contrato cinematográfico, aínda que o seu descubrimento internacional foi coa súa interpretación en Arroz amargo (Giuseppe De Santis, 1949). Posteriormente, asinou un contrato con Lux Film, en 1949, e casou con Dino De Laurentiis, que estaba a piques de converterse nun recoñecido produtor.[1]

Sen chegar á altura de Sophia Loren ou Gina Lollobrigida, Mangano foi unha das estrelas favoritas do cinema italiano nas décadas de 1950 a 1970.

Tras unha operación cirúrxica o 4 de decembro de 1989 caeu en coma e faleceu en Madrid a noite do 15 ao 16 dese mes, vítima dun cancro de pulmón.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Arroz amargo (1949) - Silvana
  • Anna (1951) - Anna
  • Ulysses (1954) - Circe / Penelope
  • Barrabás (1961) - Rachel
  • Il disco volante (1964) - Vittoria Laconiglia
  • Edipo re (1967)) - Jocasta
  • Teorema (1968) - Lucia (a nai)
  • Morte a Venezia (1971) - nai de Tadzio
  • Gruppo di famiglia in un interno (1974) - Marchesa Bianca Brumonti
  • Dune (1984) - Rev. Mother Ramallo
  • Oci ciornie (1987)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Le Monde, ed. (18 de decembro de 1989). "Mort de Silvana Mangano La magicienne". p. 10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Silvana_Mangano&oldid=4953172"