Sintra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sintra
Pt-snt1.png
SNT.png
Localización
LocalSintra.svg
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónLisboa
SubrexiónGrande Lisboa
DistritoLisboa
Xeografía
Superficie319,23 km² km²
Demografía
Poboación380 934 hab. (2013)
Densidade1 193,29 hab/km²
XentilicioSintrense
Outros datos
Código postal2714-501 Sintra
AlcaldeBasílio Horta (PS)
cm-sintra.pt

Sintra é un concello e vila portuguesa sé do mesmo situado na provincia de Lisboa. Malia ser a capital, a vila de Sintra non é a freguesia máis poboada, pois o concello sintrense abrangue espazos intensamente urbanizados con espazos de carácter rural. O concello de Sintra conta cun total de 11 freguesias (20 antes da reforma administrativa do ano 2013). Sintra é un dos centros turísticos máis destacados de Portugal á vez que un espazo urbano suburbio da cidade de Lisboa, da cal dista 25 km.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación era, no ano 2013 de 380.934 habitantes[1]. Esta non se establece de xeito uniforme polo territorio sintrense, senón que dentro dos seus límites son diferenciados espazos puramente rurais (norte e oeste do concello) e espazos totalmente urbanizados (sur e leste). Catro das once freguesias (Casal de Cambra, Colares, UF Almargem do Bispo-Pêro Pinheiro-Montelavar e UF S. Joao das Lampas-Terrugem) suman en total menos do 15% da poboación pese a ocuparen o groso da extensión do municipio.

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Paisaxe cultural de Sintra
Pena National Palace.JPG
Palacio da Pena
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísPortugal Portugal
Localización38°47′50″N 9°23′26″O / 38.79722, -9.39056
TipoCultural
CriteriosII, IV, V
Inscrición1995 (19ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador723

Na vila de Sintra, situada aos pés da serra do mesmo nome, atópase un importante recinto histórico que, xunto co palacio da Pena e o castelo dos Mouros, forman un Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Freguesías[editar | editar a fonte]

As freguesías de Sintra son as seguintes:

  • Agualva
  • Algueirão - Mem Martins
  • Almargem do Bispo
  • Belas
  • Cacém
  • Casal de Cambra
  • Colares
  • Massamá
  • Mira-Sintra
  • Monte Abraão
  • Montelavar
  • Pêro Pinheiro
  • Queluz
  • Rio de Mouro
  • Santa Maria e São Miguel (Sintra)
  • São João das Lampas
  • São Marcos
  • São Martinho (Sintra)
  • São Pedro de Penaferrim (Sintra)
  • Terrugem

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sintra&oldid=5009084"