Siyanni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Siyanni foi unha rexión de Siria situada na parte sueste de Ugarit (era o territorio máis ao sur de Ugarit) e ao nordeste do Reino de Amurru. Sobre a metade do século –XIV aparecen como reis Abdi Hebat e Abdi Anati. Suppiluliumas I asignou a rexión a Ugarit, pero nunha disputa raiana con Amurru despois do -1240, o rei Ini-Tesub de Karkemish, que fixo a arbitraxe, asignouna a Amurru e separouna de Ugarit.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Siyanni&oldid=4809959"