Skylab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Skylab
Skylab.jpg
Tipo Estación espacial
Organización NASA
Data de lanzamento 14 de maio de 1973, 17:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Saturno V[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39A[2][6]
Obxectivo da misión Estación espacial tripulada[2][6]
Decaemento 11 de xullo de 1979[1]
NSSDC ID 1973-027A
Masa 90.607 kg[2][5][6]
Dimensións 36,12 m de longo, 21,0 m de envergadura[6]
Potencia 11 kW[6]

Skylab foi unha estación espacial da NASA lanzado o 14 de maio de 1973 mediante un foguete Saturno V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]

Historia[editar | editar a fonte]

Skylab foi a resultante de equipo sobrante do programa Apolo tras os recortes que eliminaron as últimas misións luares programadas. Como consecuencia quedaron dispoñibles varios Saturno V e outro material que foi adaptado para o lanzamento da que sería a primeira estación espacial dos Estados Unidos.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Skylab estaba composta de cinco partes: a montura para o telescopio Apolo (ATM), o adaptador para acoplamentos múltiples (MDA), o módulo de esclusa de aire (AM), a unidade instrumental (IU) e o taller orbital (OWS). A estación tiña forma de cilindro cunha lonxitude total de 36,12 m, unha envergadura de 21,0 m e un volume interno de 361 m3, co telescopio formando un ángulo de 90 graos respecto do resto da estación despois de ser lanzada. O telescopio estaba destinado á observación solar e usaba película fotográfica para rexistrar as imaxes que debía ser recuperada polos astronautas mediante unha saída extravehicular. A estación estaba deseñada para ser visitada por naves Apolo, que se acoplaban ao módulo de acoplamento múltiple, permitindo o acceso dos astronautas ao interior. A unidade instrumental foi usada unicamente durante o lanzamento para proporcionar capacidade de guiado e navegación ata a chegada a órbita e posterior despregue do telescopio e os paneis solares. O taller orbital estaba formado por un cilindro que era en realidade unha etapa Saturno 4B modificada para ser habitable por tres astronautas durante longos períodos de tempo e era capaz de producir ata 11 kW de potencia. Contiña provisións e as estancias dos astronautas, permitindo permanecer ata 84 días de maneira continua na estación.[2][3][4][5]

Despois da terceira e última visita tripulada á estación os enxeñeiros de terra fixeron probas coa estación en remoto para comprender determinados fallos e gañar experiencia en sistemas de longa duración no espazo.[2][3][4][5]

A estación foi deixada nunha órbita que se pensou suficientemente estable e segura como para poder ser visitada nos primeiros voos do incipiente programa do transbordador espacial, pero a combinación dunha taxa de diminución da órbita maior do esperada e o retraso nos primeiros voos do transbordador causaron que a estación reentrara na atmosfera o 11 de xullo de 1979. Anacos resultantes da desintegración acabaron dispersos sobre Australia.[1]

Lanzamento[editar | editar a fonte]

Aos 63 segundos do lanzamento un dos escudos antimeteoritos e o panel solar número 2 foron arrincados debido ás forzas aerodinámicas. Os restos ademais atascaron o panel solar número 1. A estación foi insertada de maneira normal nunha órbita de 435 km de altura, pero debido á falta do escudo antimeteoritos a temperatura no interior da estación comezou a subir perigosamente, chegando a 52 °C. O panel solar número 1 non conseguíu despregarse pero afortunadamente si se despregou o panel que iba montado no telescopio Apolo. A primeira misión tripulada á estación atrasou o seu lanzamento dez días, durante os cales practicaron técnicas para reparar os estragos unha vez a bordo, conseguindo restablecer unhas mínimas condicións de habitabilidade e traballo e permitindo que as dúas expedicións posteriores pudiesen facer o seu traballo con normalidade.[2][3][4][5]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Skylab levaba a bordo instrumentos para realizar diversos experimentos científicos:[2][3][4][5]

  • Un coronógrafo para observacións solares.
  • Un espectroheliómetro para o ultravioleta.
  • Experimentos sobre fabricación no espazo.
  • Varios instrumentos para observación terrestre, entre els:

Misións[editar | editar a fonte]

A estación foi visitada por tres tripulacións, cada unha composta por tres astronautas, en tres misións distintas:[2][3][4][5]

  • Skylab 2: do 25 de maio ao 22 de xuño de 1973.
  • Skylab 3: do 28 de xullo ao 25 de setembro de 1973.
  • Skylab 4: do 16 de novembro de 1973 ao 8 de febreiro de 1974.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SKYLAB 1" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  2. 2,002,012,022,032,042,052,062,072,082,092,102,11 NASA (21 de marzo de 2017). "Skylab" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  3. 3,03,13,23,33,43,53,63,7 "Letter dated 19 September 1973 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-18805). 25 de setembro de 1973: 2. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  4. 4,04,14,24,34,44,5 Claude Lafleur (2017). "Skylab 1" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  5. 5,05,15,25,35,45,55,65,75,8 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Skylab" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  6. 6,06,16,26,36,4 Mark Wade (2017). "Skylab" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2017. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Skylab&oldid=4421236"