Slide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O termo slide refírese tanto a un estilo de música irlandesa como a un tipo de baile irlandés. Ten compás de 12/8 e a súa orixe sitúase na rexión de Sliabh Luachra, no condado irlandés de Kerry.

Aínda que un slide contén o mesmo número de pulsos que unha jig, a melodía está composta en catro pulsos no canto de dous. Mentres que a jig adoita ser bailada por bailaríns de stepdance irlandés, os slides fanse en grupos de bailaríns de set dance.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Slide&oldid=4809977"