Sociedade Deportiva Burela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Burela
NomeSociedade Deportiva Burela
Fundación1966
EstadioCampo Municipal da Marosa
Burela, Galicia Galicia
Inauguración1966
Capacidade2.500
PresidenteGalicia Jesús Manuel Ares
AdestradorGalicia Jaime Méndez García
Liga1ª Autonómica − Grupo 3
2017−18
Na casa
Fóra

A Sociedade Deportiva Burela é un club de fútbol galego, da vila de Burela, na provincia de Lugo. Foi fundado no 1966[1]. Actualmente compite no Grupo III da Primeira Autonómica de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo nace na localidade luguesa de Burela no ano 1966 froito das cinzas do antigo equipo da vila que deixara de existir na tempada 1951/1952, e comeza competindo na Primeira División do Campionato Comarcal das Rías Altas (actúal Primeira Autonómica de Galicia).

A comezos dos setenta gañou por primeira vez o campionato (tempada 1971/1972), mais o equipo non consegue vencer na ronda de ascenso á Rexional Preferente. Na tempada 1981/1982 volveu intentar o salto de categoría pero o equipo volveu quedar ás portas. Porén, o ano seguinte (tempada 1982/1983) conquistou o campionato ligueiro por segunda vez e nesta ocasión ascendeu directamente á Rexional Preferente.

A finais dos anos 80 iníciase a época dourada do equipo, co ascenso á 3ª División na tempada 1988/1989, adestrado por José Ramón Arteche, e a disputa na tempada 1990/1991 dun playoff de ascenso, no que o conxunto verde quedou ás portas dun histórico ascenso á Segunda B fronte ao Real Valladolid B, liderado por José Emilio Amavisca.

Tras descender na tempada 1995/1996 despois de sete tempadas na 3ª División o equipo regresa á Rexional Preferente onde disputará oito tempadas máis, ata descender á 1ª Autonómica na tempada 2003/2004, o cal está a piques de provocar a desaparición do club, algo que finalmente non ocorre.

Na tempada 2005/2006 o equipo conquista un novo campionato (o terceiro da súa historia) e ascende de novo á Rexional Preferente, onde tan só disputará dúas tempadas antes de volver descender novamente á 1ª Autonómica, categoría onde o club continúa competindo na actualidade.

Estadio[editar | editar a fonte]

A SD Burela xoga desde a súa fundación no Campo Municipal da Marosa, inaugurado en 1966. Ten unha capacidade de 2500 espectadores e unhas dimensións de 108×69 metros.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Últimas tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1981/82 1ª Autonómica
1982/83 1ª Autonómica
1983/84 Rex.Preferente 12º
1984/85 Rex.Preferente
1985/86 Rex.Preferente 13º
1986/87 Rex.Preferente 10º
1987/88 Rex.Preferente
1988/89 Rex.Preferente
1989/90 3ª División 12º
1990/91 3ª División
1991/92 3ª División
1992/93 3ª División 17º
1993/94 3ª División
1994/95 3ª División 14º
1995/96 3ª División 18º
1996/97 Rex.Preferente 13º
1997/98 Rex.Preferente
1998/99 Rex.Preferente
1999/00 Rex.Preferente
2000/01 Rex.Preferente
2001/02 Rex.Preferente
2002/03 Rex.Preferente 12º
2003/04 Rex.Preferente 18º
2004/05 1ª Autonómica
2005/06 1ª Autonómica
2006/07 Preferente 17º
2007/08 Preferente 20º
2008/09 1ª Autonómica
2009/10 1ª Autonómica 11º
2010/11 1ª Autonómica
2011/12 1ª Autonómica 12º
2012/13 1ª Autonómica
2013/14 1ª Autonómica
2014/15 1ª Autonómica
2015/16 1ª Autonómica
2016/17 1ª Autonómica 14º
2017/18 2ª Autonómica

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia da SD Burela". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2015. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sociedade_Deportiva_Burela&oldid=4961352"