Sofía Castañón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sofía Castañón
Sofía Castañón.jpg
Nacemento1 de novembro de 1983
 Xixón
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Oviedo
Ocupaciónescritora, xornalista e política
editar datos en Wikidata ]

Sofía Fernández Castañón, coñecida como Sofía Castañón, nada en Xixón o 1 de novembro de 1983, é unha poetisa, escritora, realizadora audiovisual e política asturiana. Traballou en prensa escrita, televisión e radio e recibido varios premios de poesía. Dende xaneiro de 2016 é deputada de Podemos por Asturias na XI e XII Lexislaturas do Congreso, é voceira da Comisión de Igualdade e da Subcomisión de Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero. O 18 de febreiro de 2017, foi elixida secretaria de Feminismos Interseccional e LGBTI da Executiva de Podemos. Dende febreiro de 2017 é membro do Consello Estatal de Podemos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Un dos seus avós era capataz de minas e a súa familia procede da Conca del Caudal.[1] Filla da escritora asturiana Laura Castañón, medrou rodeada de libros.[2] Cursou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Oviedo[3] e compaxina a súa actividade poética pola que recibiu varios premios co seu traballo xornalístico e con talleres de escritura creativa.[4] Ten publicados varios libros de poesía en castelán e asturiano, polos que recibiu premios como o Asturias Joven en 2006, o Pablo García Baena de Poesía Joven en 2007 ou o Nené Losada Rico en 2009.

De 2009-2010 foi bolseira de creación do Concello de Madrid na Residencia de Estudantes e foi unha dos poetas Voz + Nova 2010 da Casa Acesa.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Animales interiores (Premio Asturias Joven 2006, Trabe 2007),
  • Últimas cartas a Kansas (Premio Pablo García Baena 2007, La Bella Varsovia 2008),
  • La noche así (Ya lo dijo Casimiro Parker, 2012),
  • La otra hija (Suburbia Ediciones, 2013)
  • Prohibido silbar (Baile del Sol, 2014)

En asturiano[editar | editar a fonte]

  • Tiempu de render (Premio Nené Losada 2009, Trabe 2010)
  • Destruimientu del xardín (Hesperya, 2012)

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Hank Over/Resaca (Caballo de Troya, 2008)
  • 23 Pandoras (Baile del Sol, 2009)
  • Poetas asturianos para el siglo XXI (Trea, 2009)
  • Por partida doble (Trabe, 2009)
  • El libro del voyeur (antólogo e ilustrador: Pablo Gallo, Ediciones del Viento, 2010)
  • Esto no rima (Origami, 2012)
  • Gente de Nod (antóloga: Emma Cabal, fotografías: Alejandro Nafría; KRK, 2016)[5]

Plaquettes[editar | editar a fonte]

  • La sombra de Peter Pan (2009)
  • Culpa de Pavlov (Premio Jóvenes Creadores del Ayto. de Madrid 2008, Colección Resurrección 2012).

Documentais[editar | editar a fonte]

  • Se dice poeta (2014). Directora

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sofía_Castañón&oldid=4686543"